Yolanda Castaño foi a autora do ano para os libreiros, mentres os editores do país outorgáronlle esa honra a María Reimóndez. Esta fin de semana entregáronse os premios Irmandade do Libro, que outorga a Federación de Librarías de Galicia e mais dos Premios da Edición, concedidos pola Asociación de Editores, sen que houbese coincidencias nos galardóns. Así, as librarías escolleron como libro do ano Contos do Mar de Irlanda de Xurxo Souto, mentres as editoriais optaron por recoñecer A viaxe da Gagarin, de Agustín Fernández Paz na categoría de ficción, O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco F. Naval como obra de non ficción e Estrela do Norte, de Luís Rei, entre os libros de poesía e teatro.
Os editores consideraron tamén a Colección Rescate, de Alvarellos Editora como mellor iniciativa editorial, e as Bibliotecas Escolares de Galicia como principais impulsoras do ámbito editorial e cultural.
Listaxe completa dos premios Irmandade do Libro 2015
Libraría ourensá La Región. Galardón de honra polos seus 112 anos de traballo.
Yolanda Castaño. Autora do Ano.
Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto. Mellor libro.
IES Castro Alobre de Vilagarcía. Mellor labor de dinamización lectora de centros de ensino.
Libros e reservas, programa de Quique Alvarellos dirixe en Santiago TV. Premio ao fomento da lectura.
Xiqui, Xoque, Fiú, Fiú, do colectivo María Fumaça. Mellor obra infantil e xuvenil.
Colección Gótica de Urco Editora. Mellor Obra editorial.
O Pontillón de Moaña. Mellor libraría.
Listaxe completa dos Premios da Edición
Libro de ficción: A viaxe da Gagarin, de Agustín Fernández Paz, editado por edicións Xerais.
Libro de non ficción: O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco F. Naval, editado por Ediciones Linteo.
Libro de poesia ou teatro: Estrela do Norte, de Luís Rei, editado por Kalandraka Editora.
Premio Isaac Díaz Pardo libro mellor ilustrado: Leviatán, de Ramón Trigo, editado por Kalandraka Editora
Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil: Escarlatina a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, editado por Edicións Xerais.
Premio Lois Tobio ao libro traducido: As floriñas de S. Francisco, traducido por Dario Xohán Cabana, editado por Alvarellos Editora.
Premio Xosefa Vilarelle ó libro educativo: As mulleres galegas. Das marchas nómadas ás marchas mundiais das mulleres, de Pepe Carreiro, editado por Baía Edicións.
Premio Xosé María Álvarez Blázquez ó autor ou autora: María Reimóndez
Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial: Colección Rescate, de Alvarellos Editora.
Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e
cultural do ano 2012: Bibliotecas Escolares de Galicia