A Área de Cultura da Deputación da Coruña daba a coñecer este 14 de xuño o fallo do XVII Premio Castelao de Banda Deseñada. O xurado seleccionou a obra O bico da serea do debuxante Siqi Luis Yang con guión de Uxía Larrosa como obra vencedora desta xeira. Francisco Pérez, pola súa banda, impúxose con Contando Estrelas na modalidade LIX deste certame.
O fallo destacou "a poética e a gráfica" da obra gañadora, a sinalar que "o guión tamén toca diversas temáticas interesantes e con moita carga literaria que deleita os ollos e estimula a imaxinación". O traballo de Yang e Larrosa narra a historia da relación entre unha rapaza pre-adolescente e unha serea, na se van entrelazando a vida cotiá e a rutina diaria con aspectos fantásticos e mitolóxicos.
Encol da creación de Pérez, o xurado salienta "a súa delicadeza e coidada ilustración", así como o interese por "tratar temas cos que todas podemos sentirnos identificadas, a través das metáforas coas estrelas e por traballar con elementos do imaxinario colectivos". Unha colección de relatos curtos protagonizados por estrelas sérvenlle ao autor para abordar temáticas contemporáneas como a soidade e a perda.
O xurado do galardón estivo composto por Nuria Díaz, Araceli Paz, Quique Mauricio, Carlos Taboada e a gañadora do ano pasado, Julia Lago con Xurxo Couto, responsable de Cultura da Deputación. Cada un dos premios conta cunha dotación de 6.500 euros e a publicación da obra por parte da entidade provincial.