A Sala RosalÃa da Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo abre este 22 de xuño ás 19 horas o proxecto Ilustrando RÃas Baixas. Esta iniciativa do organismo provincial reivindica as diferentes modalidades de debuxo e ilustración como un xeito de pór en valor a paisaxe desta área de Pontevedra.
A iniciativa ten como eixe unha exposición que recolle traballos de Andrea Jano, Kiko da Silva, Clara Cerviño, Carlos Castro, Eduardo Baamonde, Lara Lars e o dúo Nuvi & Éxfico en diferentes disciplinas. Segundo recolle a presentación da iniciativa, esta mostra "pon en relación diferentes artistas que debuxan, pintan e crean sobre a nosa provincia, sobre o incrible paraÃso no que vivimos: ilustran As RÃas Baixas".
Acuarela, tinta chinesa ou acrÃlico, libro ilustrado, banda deseñada ou ilustración dixital atópanse en obras que recrean "sendas e bosques, rutas polas cidades, espazos patrimoniais ou lugares e persoas tan especiais como senlleiros", segundo explica a presentación da iniciativa.
A mostra, que permanecerá aberta ata o vindeiro 19 de agosto, complementa a súa inauguración cunha acción artÃstica a mesturar ilustración e narración, Pincel e voz para unha illa portátil, da man de Andrea Jano e Silvia Penas. Canda a esta, o programa recolle outras propostas paralelas, como a mesa redonda sobre "A ilustración en Galicia hoxe", que se desenvolverá o 26 de xullo coa participación de Kiko da Silva, Lara Lars, Eduardo Baamonde e Nuvi & Éxfico. O dÃa un de agosto Carlos Castro realizará un obradoiro de Urban sketching, mentres que o dÃa 9 Clara Cerviño, impartirá outro co tÃtulo Ilustrando faros.