Os Premios do Teatro Galego foron onte máis María Casares que nunca. A efeméride do centenario do nacemento da artista que lles dá nome non foi desaproveitada na gala de celebración da XXVI ª edición dos galardóns convocados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que este ano volvía ao seu lugar habitual pre-pandemia e coas condicións de asistencia normalizadas. Arredor de 500 persoas do sector teatral acudiron á chamada da organización para asistir á festa da escena teatral e a un reparto de recoñecementos no que ata nove espectáculos levaron algún dos 14 premios. O espectáculo "Cigarreiras", de Contraproducións e Teatre Romea, curiosamente unha montaxe relacionada con outro centenario, o do falecemento de Emilia Pardo-Bazán, destacou xa que foi o que recolleu máis premios, acadando tres galardóns: ao mellor espectáculo, á dirección (Cándido Pazó) e á escenografía (Dani Trillo). A montaxe era unha das dúas finalistas con máis posibilidades.
Carlos Álvarez-Ossorio dirixiu unha gala que se centrou na figura de María Casares. Para a ocasión, Álvarez-Ossorio contou cun elenco integramente feminino que lles deu voz ás palabras da actriz nacida na Coruña en 1922, xa que o espectáculo levou a escena diferentes fragmentos das súas memorias: "Residente Privilexiada". Deste xeito, as intérpretes Sheyla Fariña, Marián Bañobre, Marta Pérez, Mónica de Nut, Nerea Brey e Rosa Puga Davila subiron ás táboas do Teatro Rosalía Castro para render homenaxe a María Casares nunha gala que tamén tivo tempo para reivindicar o teatro como unha patria-refuxio para todas as persoas exiliadas, apátridas e desprazadas. A música correu a cargo do Proxecto X (banda conformada por Diogo Silva, Paco Charlín, Virxilio da Silva e a propia De Nut) mentres que Violeta Martínez Rivera se encargou o deseño de luces e da escenografía e Marián Bañobre, do vestiario.
Ao principio da noite un total de 14 espectáculos aspiraban a facerse con algún dos catorce galardóns nos que se dividen os María Casares. En total, nunha noite moi repartida, nove espectáculos gañaron algún premio. Ademais dos xa mencionados conseguidos por "Cigarreiras", de Contraproducións e Teatre Romea, a obra 'Terceiro Acto' do Centro Dramático Galego, conseguiu dous galardóns: actriz protagonista para Belén Constenla e actor protagonista para Eduard R. Cunha Tatán. Idéntico número de trofeos acadaron os espectáculos 'Comando Comadres', de Matrioshka Teatro (actriz secundaria para Anabell Gago e maquillaxe para LaPelu F. Silva) e Othello, de Voadora (iluminación para Nuno Meira e vestiario para Silvia Delagneau). Como mellor espectáculo infantil foi premiada a montaxe Hugo, de Os Náufragos Teatro. "A lúa vai encuberta", de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, logrou o premio á adaptación-tradución para Vanesa Sotelo. O premio do texto orixinal recaeu na obra "A parábola do angazo", de Talía Teatro, cuxa autoría comparten Marta Lado, Araceli Gonda, Jose Prieto, Artur Trillo, Séchu Sende e Diego Rey. "A cazola de Lola", de Tanxarina, marchou da gala co galardón á música orixinal, que asina Ailén Kendelman) e "Morgana en Esmelle", de Sarabela Teatro, conquistou un galardón: o de actor secundario, que recoñeceu a Fernando Dacosta, que tamén subiu ao escenario para pechar a gala co seu Manifesto Galego do Día do Teatro, no que reivindicaba a función social do teatro.
Recoñecemento a Lino Braxe e discurso institucional
Durante a velada, entregouse tamén o Premio de Honra Marisa Soto, que este ano recoñeceu a título póstumo a figura de Lino Braxe. A vicepresidenta da AAAG, Luma Gómez, encargouse de entregarlle a irmá de Braxe, María Braxe, a distinción cun sentido discurso no que celebrou a vida do multidisciplinar artista. "Lino Braxe era un artista polifacético, un todoterreo cun xenio creativo que non parou de espallarse. O seu era un big bang de creatividade que non se acovardaba e que sempre atopaba unha causa na que militar", explicou Luma Gómez antes de recoñecer que sen Braxe, os Premios María Casares "non serían e de ser serían outra cousa", xa que sen o seu empeño, "María Casares non tería cedido o seu nome", dixo engadindo deste xeito con todo mérito o nome de Braxe ao da artista celebrada no seu centenario.
A gala, que foi retransmitida por Youtube a través da canle que a AAAG dedica aos Premios de Teatro María Casares, contou tamén co discurso da Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Este ano, encargáronse de redactalo e de lelo as actrices Arantza Villar, Eva Fórneas, Sara Fandiño, Iria Lamas e Maria Ángeles Iglesias. "Hoxe celebramos o amor polo teatro. Celebramos que os teatros volvan estar cheos e desenmascarados, celebramos a resistencia de todas e todos nós, nestes dous anos de pandemia que non impediu que seguiramos creando"; sinalouse nun discurso, no que tamén houbo tempo para recoñecer, por suposto, a figura de María Casares no seu centenario. "María Casares é un referente, unha gran figura da escena. Pero, en definitiva, é unha compañeira do noso oficio. Unha muller forte, libre e comprometida, que na infancia viuse empurrada ao exilio polo golpe militar do 36 e que fixo do teatro o seu fogar", reivindicouse durante a intervención das integrantes da Xunta Directiva.
Finalmente, o discurso concluíu con referencias claras sobre a necesidade de erguer a voz fronte a situacións inaceptables de abusos de poder ou acoso que cómpre exiliar. "Recibimos con tristura as queixas e consultas das nosas compañeiras. Queixas e consultas, que agochan outras tantas que non ven a luz por medo, presión, inseguridade Si, recibímolas con tristura, mais tamén con determinación e con esperanza. Porque todas e cada unha destas queixas, consultas, peticións de asesoramento indican un camiño de futuro e amosan unha realidade: o silencio xa se crebou. Sentirnos seguras é algo esencial nunha profesión na que nos espimos literal e figuradamente,", escoitouse na gala. Entre a asistencia, atopábanse a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o director da Axencia galega das Industrias Culturais, (Agadic), Jacobo Sutil; o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez; o concelleiro do Partido Popular, Roberto Luis Coira Andrade; os concelleiros de Marea Atlántica, María García e Claudia Delso, ou o concelleiro do BNG, Francisco Jorquera.
En resumo, gañadores/as por categoría:
MAQUILLAXE: LaPelu F. Silva, por Comando Comadres, de Matrioshka
VESTIARIO: Silvia Delagneau, por Othello, de Voadora.
ILUMINACIÓN: Nuno Meira, por Othello, de Voadora.
ESCENOGRAFÍA: Dani Trillo, por Cigarreiras de Contraproducións e Teatre Romea
MÚSICA: Ailén Kendelman, por A cazola de Lola, de Tanxarina.
ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Vanesa Sotelo por A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante.
TEXTO ORIXINAL: Marta Lado, Araceli Gonda, Artur Trillo, Diego Rey, Séchu Sende e Jose Prieto, por A parábola do angazo, de Talía Teatro
ACTOR PROTAGONISTA: Eduardo R. Cunha Tatán por Terceiro Acto, do CDG
ACTRIZ PROTAGONISTA: Belén Constenla, por Terceiro Acto, do CDG
ACTRIZ SECUNDARIA: Anabell Gago, por Comando Comadres, de Matrioshka Teatro
ACTOR SECUNDARIO: Fernando Dacosta, por Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro.
DIRECCIÓN: Cándido Pazó por Cigarreiras de Contraproducións e Teatre Romea
ESPECTÁCULO INFANTIL: Hugo, de Os Náufragos Teatro
ESPECTÁCULO: Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea