Unha vintena de libros en galego aparecen este ano entre as 200 obras do catálogo 'Literatura infantil e xuvenil española. Selección OEPLI 2021" presentado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI). Este listado comprende unha selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores e ilustradores españois publicados ao longo do ano pasado segundo a organización e as súas súas seccións territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e Gálix. Segundo se presenta este catálogo, recolle obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente.
O libro/catálogo recolle así obras en todas as linguas oficiais do Estado. Ademais das vinte correspondentes a autores galegos e incluídas no nosos idioma están tamén outras obras das que consta a dispoñibilidade dunha tradución ao galego, como son varias da editorial Kalandraka. Entre as publicacións galegas destacan, por número aquelas dirixidas á franxa de lectura de entre 9 e 12 anos, na que se seleccionan ata nove libros galegos de autores como Manuel Rivas, Andrea Maceiras, Fran Alonso, María Canosa, Paula Carballeira, Eva Mejuto e Fina Casalderrey. A lista inclúe obras tamén de outro coñecidos e galardoados autores da nosa LIX como Antonio Gar´cia Teijeiro, Ledicia Costas, O Hematocrítico, Francisco Castro ou Héctor Cajaraville entre outros. En coincidencia coa prestixiosa lista internacional The White Ravens, este catálogo nacional inclúe tamén , na parte dedicada á literatura xuvenil, a novela 'Santoamaro' (Eds. Xerais), de Antonio Manuel Fraga Allegue. A listaxe está dispoñible para a súa descarga e consulta e aparece en castelán e inglés coa fin de estimular unha mellor difusión en ámbitos lingüísticos internacionais, propiciar a compra de dereitos de tradución e edición e crear un soporte de calidade paralelo aos lóxicos intereses comerciais.