A reclamación de que os libros de texto sexan gratuÃtos como parte do dereito á educación é unha vella arela de asociacións de pais, profesores e boa parte dos colectivos sociais. Para este curso a Xunta anunciou a posta en marcha dun programa de implantación progresiva para que os estudiantes dispoñan de libros de balde en réxime de empréstito. Esta medida está a provocar reaccións enfrontadas de todos os sectores implicados na cuestión. Editores, libreiros, profesores e pais amosan visións moi diferentes ante esta medida.
Sexto de primaria. Este é o laboratorio no que se ensaiará durante este curso a fórmula de gratuidade de libros de texto proposta desde a Xunta, que custará 3,6 millóns de euros neste curso 2003-2004. Algo máis de vinteún mil alumnos, repartidos en 748 centros por todo o paÃs, deberán ir ás librerÃas cos documentos cubertos nos seus centros de ensino e recoller os seus libros sen pagalos. Os arredor de 120 euros que custa de media este material corren por conta da Xunta, e os libros van ser propiedade do centro educativo. De xeito que durante o ano, os alumnos non poderán subliñalos e deberán tratalos con sumo coidado, xa que eses volumes deberán ser empregados un mÃnimo de tres anos máis polos seus compañeiros ao accederen a este curso. Quen non coide os seus libros poderá ser excluÃdo do sistema de empréstito para o vindeiro ano. O cálculo inicial da Xunta e que non haxa que substituÃr máis dun dez por cento do total de libros cada curso. Sen embargo, desde as editoriais e as librerÃas advirten que en comunidades en que se aplicou este sistema ata un noventa por cento dos textos quedou inutilizable despois do primeiro ano. Desde boa parte das asociacións de pais do paÃs, a medida foi acollida con ledicia por tratarse dunha vella reivindicación deste colectivo.
Como conseguir un libro
O proceso de préstamo de libros organÃzase do seguinte xeito. Os centros envÃan á Xunta a relación dos libros de texto que precisan e a estimación do seu custo. Pola súa banda, os alumnos deben achegar unha declaración asinada polos seus titores na que se comprometen a non recibir outras axudas para a adquisición deste material. A continuación os estudiantes, con tres copias do documento de adquisición de libros irán ás librerÃas, onde deixarán dous destes exemplares mentres o terceiro queda nas súas mans. A librerÃa remitirá a factura aos centros. A ConsellerÃa deberÃa achegar antes do 15 de setembro o oitenta por cento do custo total dos libros de texto aos centros, a quen lles corresponde realizar o pagamento ás librerÃas. Desde os centros deben enviar á Xunta as relacións certificadas dos alumnos que se benefician do programa e, con posterioridade, as certificacións de teren aboado os libros. A Xunta comprométese a achegar un dez por cento máis do diñeiro solicitado polos centros para cubrir o material daqueles alumnos que se incorporan tarde ás clases.
Os profesores
Este incremento das funcións do centro motivou xa queixas entre algúns do directores dos centros, que reclamaron compensacións económicas ou unha diminución do horario lectivo para poderen afrontar estas tarefas. Ademais, apuntan tamén que o curso escolleito para probaren o sistema non é o máis axeitado, xa que ao ser o último que os alumnos pasan no centro, non se sentirán tan responsables do material e dificúltase a devolución de libros. No Colexio La Salle de Compostela recoñecen que a aplicación do préstamo vai a bo ritmo, “os nenos xa desde o primeiro dÃa teñen os seus libros”, apunta o director do centro, que recoñece que a burocracia supuxo un problema, “son moitos nenos e moitos libros, e hai que dedicarlle tempo a isto que se perde de dedicar a cousas que son importantes”. Por estas razóns, desde boa parte do ensino apóstase pola fórmula do cheque-libro, unha axuda directa ás familias na que son as librerÃas quen se encargan de xestionar o cobro dos textos á Xunta. Para procurar unha mellor conservación dos libros, este centro incluÃu como un criterio de avaliación máis o coidado do material.
Libreiros e editores
Os libreiros tamén se amosaron reticentes con este sistema, polos posibles atrasos no pago ademais da evidente diminución de ingresos que suporá que os libros se anoven cada catro anos e non ao comezo de cada curso. O presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Jaime Corral, recoñece que a medida “este ano non vai influÃr na venda de libros”, e aÃnda que apunta que este sector defende a gratuidade dos libros, cre que “o futuro do sector do libro está moi tocado” e que “a implantación deste sistema leva ao peche de editoriais e de librerÃas”. Do mesmo xeito, os editores tamén se amosan preocupados por este sistema de empréstito. Fabiola Sotelo, presidenta da Asociación de Editores, advirte de que poderÃan desaparecer ata a metade das librerÃas do paÃs (que deben ata o sesenta por cento da súa facturación anual á venda deste material) e boa parte das editoriais. Tanto libreiros coma editores avogan tamén polo sistema do cheque-libro, no que alumno queda cos textos que empregou e pode dispor de libros gratuÃtos sen que iso provoque unha diminución das vendas.
Desde a Xunta
Alberto González, director xeral de centros da ConsellerÃa de Educación, apunta que as consecuencias non serán tan graves, xa que co sistema actual “arredor do vintecinco por cento dos libros non se vendÃan porque pasaban duns irmáns a outros”. Desde a Xunta sinalan tamén que o sistema escollido para garantir a gratuidade permite evitar a discriminación entre alumnos, xa que un sistema de subsidios variarÃa as axudas outorgadas en función dunha maior ou menor renda familiar. Ademais, apuntan que o empréstito promove valores de solidariedade e de tolerancia entre o alumnado. Por outra banda, o conselleiro de Educación, Celso Currás, anunciou un incremento nas axudas aos libreiros para compensalos polos efectos adversos que poida causar esta medida. Ademais, asegurou que na ConsellerÃa estudian a creación dunha liña de subsidios para a creación de bibliotecas escolares e un incremento nas axudas xa existentes para a edición de libros en galego. Sen embargo desde a Federación de Libreiros apuntan que estas medidas son “cantos de serea” e reclaman a creación dunha liña de financiamento exclusivo para o sector que permita a modernización dos establecementos. Do mesmo xeito, desde a Asociación de Editores sinalan que esas axudas foron anunciadas de palabra polo conselleiro nunha xuntanza, pero que aÃnda non hai medidas concretas neste sentido.
Pendentes da aplicación
Antes do quince de setembro e segundo o Diario Oficial de Galicia, a ConsellerÃa xa tiña que ter aboado aos centros o primeiro prazo da axuda para libros. Sen embargo, o pasado venres dÃa trece os centros consultados non tiña noticia de ter recibido ningún pagamento. Deste xeito parece confirmarse o atraso nos cobros, un dos grandes temores dos libreiros ante este sistema. Os editores anuncian que nos vindeiros dÃas farase público un manifesto conxunto de autores, editores, distribuidores e libreiros denunciando o prexuÃzo que provoca esta medida para o sector. Ademais continuarán desenvolvendo accións de denuncia e vixiarán atentamente o funcionamento do sistema de préstamo. Desde o PsdeG reclamaron que a medida de gratuidade se amplÃe a novos cursos e que comprenda tamén o material necesario para ir a clase, coma libros de exercicios e de lectura obrigatoria. Este partido solicitou no Parlamento galego que o vindeiro curso se implante a gratuidade no primeiro ciclo de educación primaria e en primeiro e en terceiro curso da Ensinanza Secundaria Obrigatoria. Polo de agora, todos os sectores implicados están á espreita para ver como evoluciona a situación e se realmente os volumes novos que os alumnos de sexto acaban de recibir chegarán en bo estado a final do curso.