Nos últimos anos, tres cidades do noso país publicaron cadanseu estudo a analizar a súa situación cultural. O peso das industrias culturais no emprego, o investimento municipal neste ámbito, os hábitos da poboación ou mesmo o uso da lingua son algúns dos indicadores que se recolleron estas análises. Repasamos algunhas das cifras que nos achegan un perfil da cultura urbana galega.
En 2018 presentábase ao público Informe anual da cultura en Santiago de Compostela, un estudio pioneiro que analizaba os principais indicadores do sector na cidade. A seguir os pasos desta iniciativa, en outubro de 2021 Pontevedra daba a coñecer o seu Informe do sector cultural no Concello de Pontevedra e dous meses despois vía a luz o Estudo para a identificación e análise das necesidades e potencialidades da cultura en Ferrol. Estas tres investigacións amosan un primeiro achegamento a tres situacións moi diferentes da cultura nas cidades do país e das políticas municipais correspondentes.
O groso dos indicadores que achegan estas análises saen da explotación de datos da Seguridade Social ou do Instituto Galego de Estatística, que permiten coñecer cuestións como o impacto económico do sector ou os hábitos da poboación. Canda a estes, os diferentes estudos empregan indicadores tirados dos propios concellos e inclúen outros resultados de enquisas e de entrevistas a asociacións e colectivos locais. Diferenzas metodolóxicas, de fontes ou de períodos estudados fan que non todas as magnitudes que reflicten estes traballos sexan comparables. O de Pontevedra, por, exemplo, refire a maior parte dos seus datos á área xeográfica da cidade e non á urbe mesma, e clasifica as cifras de emprego e de empresas en tipos de actividades (creación, produción, fabricación ) e non en sectores (audiovisual, edición, espectáculos ) como os outros dous. O de Compostela, ao ser o primeiro, ten sen actualizar alén de 2017 moitos dos seus indicadores, aínda que outros se revisaron nunha actualización do estudo de 2019.
Traballos pioneiros
Segundo lembra Marcos Lorenzo, xestor cultural do Concello de Ferrol e implicado na elaboración tanto deste informe como no de Compostela, "ese primeiro exercicio foi bastante inédito en España, a principal referencia que manexabamos era o caso de Barcelona, pero non había moitos máis exemplos e tivemos que ser algo pioneiros e inventar metodoloxías". No traballo sobre Ferrol "tentamos facer un estudo algo diferente, cunha parte máis participativa e cualitativa, aínda que nun 70% coincide co que se fixo en Compostela, tamén coa intención de que os resultados se poidan comparar e que sigan os mesmos conceptos". Pedro Figueroa, coordinador do grupo de investigación G4Plus da Universidade de Vigo que desenvolveu o estudo sobre Pontevedra, salienta a dificultade de compilar datos propios sobre o sector cultural xa que "non hai indicadores específicos e cómpre procurar a través de marcadores indirectos, que non son moi precisos e resultan difíciles de comparar", asegura. A análise que realizou este equipo "ten unha base de análise moi forte en comparación con outros traballos. Ninguén fixera un traballo financeiro coma este, foron milleiros de datos que houbo que tratar e depurar". E é que, segundo reclama este investigador, "non existe ninguén que recolla todos estes datos. Houbo que ir perseguindo diferentes institucións para que desen información, e fáltannos aínda moitos, como por exemplo as cifras de asistencia a eventos culturais".
Emprego
A ollar os principais indicadores económicos vencellados á cultura, Compostela destaca no aspecto do emprego como a cidade que conta cun maior número de afiliacións á Seguridade Social en ámbitos culturais no conxunto do país. A cifra que recolle o estudo, de 2.307 persoas ocupadas en traballos deste tipo, está por riba da Coruña e de Vigo en termos absolutos. A presenza dunha importante cantidade de persoal vencellado á CRTVG na cidade explica en grande medida desta posición, xa que as "actividades de programación e emisión de radio e televisión" ocupan a 1.022 destas persoas. Pontevedra suma, na cidade, 1.323 persoas a traballar en labores culturais, a incluír tanto os que cotizan en empresas como no réxime de autónomos. En Ferrol, pola súa banda, o sector que destaca é a edición, que reúne as dúas terceiras partes das 300 afiliacións á seguridade social en ámbitos culturais que rexistra o informe dedicado a esta urbe. Pola súa banda a edición de xornais aparece como a actividade cultural con maior ocupación en Pontevedra dentro do emprego por conta allea. Con 60 persoas empregadas, o documento destaca o especial peso do Diario de Pontevedra neste sector. No traballo que se desenvolve por conta propia, que agrupa un total de 1.098 ocupacións, sobrancean os 217 rexistros no ámbito da artesanía, pintura, escultura e actividades artísticas similares. Segundo destaca Lorenzo, "no caso de Compostela resulta clarísimo que é de lonxe a cidade co maior peso relativo da cultura no conxunto da economía no país. Xa historicamente xirou arredor da Igrexa e da Universidade, dos bens intanxibles e do coñecemento. Logo a instalación da CRTVG pesou moito. A responder a esa realidade, o concello tamén dedica moitos recursos á cultura".
Empresas
No ámbito empresarial, a capital galega destaca de novo, con 494 firmas dedicadas a algún aspecto vencellado coa cultura. Mesmo por detrás de Vigo e da Coruña, está a grande distancia de Pontevedra, que conta 172 firmas, e de Ferrol, que segundo o seu propio informe sumaba 119 en 2019. A capital de novo bate marcas no número de empresas deste tipo que teñen a súa sede na urbe en relación á súa poboación, un indicador de 5,1 firmas por cada mil habitantes moi superior ao resto de cidades. Pola contra, Ferrol sitúase como a cidade galega con menor número de empresas culturais por cada mil habitantes (1,8). Pontevedra, pola súa banda, contabilizaba 61 empresas no concello en 2019 segundo os datos recollidos na súa análise. No que coinciden os datos é en sinalar o carácter de microempresas destas entidades. En Ferrol un 88% das existentes teñen entre 0 e 2 persoas asalariadas, mentres na cidade de Pontevedra a porcentaxe delas sen persoal é do 21%. Mesmo así, Figueroa destaca como punto forte da Cidade do Lérez e a súa contorna "o peso económico que ten a cultura. Conta cunha importante facturación en comparación con outros sectores que o sitúa en primeira liña". Esta importancia déixase sentir tamén a nivel de emprego. "Resaltaría a importancia do emprego nas empresas, moi destacado. E o emprego no réxime de autónomos, que supón mesmo o duplo". O investigador salienta esta característica como propia do ámbito cultural. "É dos poucos onde este réxime supera o traballo asalariado. E cómpre ter quen conta que dentro destas persoas autónomas están tamén os artistas e creativos culturais, o que dá idea da importancia que ten a cidade neste sentido".
Gasto municipal
As tres cidades retratadas nestas análises son, fóra da Coruña, aquelas que realizan un maior gasto municipal en Cultura en relación á súa poboación. A excepcionalidade compostelá déixase sentir de novo no gasto de cultura por habitante que desenvolve o Concello. En 2018 foron 10.190.529 euros, uns 105,7 euros por cada veciño. A cifra é lixeiramente superior á da Coruña (segundo os datos do estudo sobre Compostela), á que segue Pontevedra (65,9 euros por habitante ao ano) e Ferrol, que nese exercicio investiu 45,2. Nos datos para 2019, recollidos no estudo da Cidade Departamental, ese gasto é de 33,21 euros por habitante. Por porcentaxes sobre o gasto liquidado cada ano, Compostela dedicou a este apartado un 10% do seu investimento anual, Pontevedra un 7,6% e Ferrol un 5,3%. En Pontevedra, os datos de 2021 apuntan un orzamento cultural municipal de 4.826.149 euros. En Ferrol o investimento rolda nos últimos anos uns 3 millóns de euros, entre un 6 e un 7% do orzamento municipal. "As cifras en Ferrol resultan alarmantes. Os datos revelan que en comparación con outras cidades ten un ratio de empresas culturais moi inferior e aí hai un grande potencial por madurar e desenvolver", advirte Lorenzo, a lembrar que o gasto municipal neste campo "andaba por un 7% do total pero nos últimos anos baixou ata o 5%, é a metade do esforzo económico que fai Santiago".
Na Cidade Departamental é o apartado de Equipamentos culturais e museos o que absorbe a maior parte do gasto executivo, cun 61,7%. En Compostela a Rede de Centros Socioculturais leva o maior quiñón, con 2,4 millóns de euros en 2017. A cantidade é similar á que encabeza as partidas culturais en Pontevedra, 2,6 millóns de euros que se destinan a actividades culturais. Nese sentido, o estudo dedicado á cidade salienta en particular a aposta consciente do Concello por potenciar a cultura como marca da cidade. "Está claro que hai unha aposta como seña de identidade local, a cultura está moi ligada ao propio concepto da cidade. Isto nótase por exemplo no que acaban de facer con Santa Clara. En dous meses" despois da adquisición do convento "sacaron unha chea de actividades incluídas no ciclo Híbridas", sinala Pedro Figueroa. Para este analista a axenda local amosa "un mapa moi interesante. Pontevedra distínguese polo número e a importancia das súas actividades culturais". Pola banda de Marcos Lorenzo, dentro dos indicadores deste tipo que lle resultaron rechamantes "chocoume moi favorablemente o gasto liquidado en Cultura da Coruña e de Compostela. Pola contra, resultáronme curiosos os datos tan baixos de Vigo, cun tres e pico por cento do gasto total, similares aos de Lugo".
Modelos de investimento público
Á luz dos datos destes estudos, Lorenzo detecta a necesidade de definir o papel dos gobernos locais neste campo. "Hai o debate de se o concello debe ser o principal motor da cultura local, que é a perspectiva que prima na Europa continental, ou se debe ceder o protagonismo e centrarse en facilitar recursos aos axentes sociais comunitarios ou privados que queiran facer cultura" a seguir o modelo británico. "Segundo o que se escolla, pódese dicir que os concellos terían que dedicar un 80% do seu gasto a programacións ou destinalo a subvencións". A afondar no modelo europeo de políticas culturais municipais, sinala que "en moitos casos a cultura funciona para os responsables políticos como un departamento de márketing, e ao mellor cumpría centrar máis ese traballo en propostas socioculturais de base que xeren tecido e menos en traer artistas famosos". Pola outra banda "é certo que unha aposta municipal consciente pode contribuír a que se favoreza a diversidade no ámbito cultural e se traballe con colectivos desfavorecidos".
Subvencións
Precisamente á hora de apoiar diferentes propostas culturais mediante subvencións, nas tres cidades se observa un predominio das subvencións nominativas fronte a aquelas que se conceden en procesos de concorrencia. Deste xeito, Compostela repartiu en 2018 case 100.000 euros en axudas en concorrencia competitiva, e 50.280 durante 2019, ano no que o goberno traballou cos orzamentos anteriores prorrogados. En canto ás subvencións nominativas, que se desenvolven por convenios con entidades específicas, foron 237.600 euros os que se repartiron en diferentes colectivos e entidades do concello nese último período. No caso de Ferrol, os fondos para axudas competitivas sitúanse entre os 45 e o 50.000 euros anuais mentres as nominativas roldan os 100.000. En Pontevedra, pola súa banda, o estudo non recolle subvencións de carácter competitivo a cargo das arcas municipais. As achegas, sempre con carácter nominativo, artéllanse baixo os epígrafes "Subvencións para o fomento do emprego", que inclúen bolsas e premios por un valor de 120.170 euros, e mais "Outras subvencións", dotadas con 326.518 e que contemplan partidas nominativas como as destinadas á Sociedade Filharmónica, a Semana Galega de Filosofía ou a Banda de Música.
A comentar este predominio xeral das subvencións nominativas, Marcos Lorenzo apunta que "as contías chegan a ser do duplo ou do triplo" fronte ás que se convocan de xeito aberto. "En moitos casos están moi xustificadas, xa que polo xeral van a proxectos consolidados", que ven facilitado deste xeito o seu funcionamento, explica este xestor. No entanto, advirte de que "unha presenza abafadora destas poder incidir de xeito negativo na igualdade de oportunidades para novos proxectos, algo para o que son importantes as subvencións en concorrencia competitiva".
Asociacións culturais
Os datos neste campo resultan contraditorios entre os diferentes estudos, debido en grande medida ás diferentes fontes empregadas para coñecer a realidade deste panorama. O informe dedicado a Santiago de Compostela cifra en 100 o número de asociacións culturais presentes na cidade, que sería o terceiro posto no país por tras da Coruña e de Vigo. Pontevedra conta con 56 e Ferrol con 36, segundo os datos desta análise de 2019. Dentro das existentes na capital destacan as de carácter musical, un tema que ocupa a 47 das rexistradas. Os festexos, ocio e tempo libre son o obxecto de 19 e o teatro e os espectáculos motivan outras 16.
Pola contra, o estudo sobre Ferrol conta 114 asociacións de tipo cultural rexistradas no concello. Ao igual que en Compostela, as dedicadas á música son maioría, con 45 entidades, un 40% do total. Destaca Lorenzo deste movemento "que ten moito pulo" e a "acusada melomanía que ten a poboación de Ferrol. Así como en Narón semella que todo articula arredor das artes escénicas, en Ferrol todo xira arredor da música neste campo". En paralelo, a cidade presenta "unha sociedade moi envellecida e pouco dinámica nalgúns aspectos, pero que contou cun importante movemento obreiro e se mantén o hábito de se asociar e colaborar. Tamén se nota o pouso do compoñente ilustrado e o gusto polo coñecemento técnico, moi peculiar e diferente de Compostela".
En Pontevedra, a tirar das cifras de asociacións culturais rexistradas desde 1977, apuntan a cifra total de 385 dadas de alta na cidade, aínda que o estudo recoñece que unha grande parte das mesmas non se atopan en activo. Logo dun cribado, o equipo de investigación dá a cifra de 46 como as entidades que manteñen actividade no municipio no momento do estudo. No equipo da Universidade de Vigo "sorprendeunos o número de asociacións que existen, aínda que tamén vimos que teñen un problema xeral de orzamentos, que son moi baixos para a cantidade de actividades que fan".
Lingua
O uso da lingua galega en todas a cidades do país é escaso. Destaca con moita diferenza Compostela como un dos territorios urbanos máis galeguizados, lixeiramente por detrás de Lugo, segundo reflicte a análise sobre a capital. Deste xeito, o 20,6% da poboación asegura falar sempre galego, mentres outro 23,3 utilízao como lingua maioritaria fronte a un 33,4 que recoñece empregar máis o castelán e outro 22,6 da veciñanza que se comunica unicamente nesta última lingua. Os datos de Pontevedra revelan unha cidade moito máis castelanizada, cun 41% da poboación a se desenvolver unicamente en español, outro 35,9 con esta lingua como maioritaria, só un 14,6% que utiliza máis o galego e unicamente un 8,4 de galegofalantes exclusivos. En Ferrol o predominio do castelán é aínda máis abafador, xa que neste caso as persoas que só empregan o galego fican nun 6,7%, e as que usan máis galego que castelán nun 11. Fronte a estes índices, un 29,6% falar máis en castelán do que en galego e un 52,7% fai a súa vida sen empregar a nosa lingua. Alén dos indicadores que permiten situar as cidades no seu contexto, cada un destes estudos achega ademais moitos datos sobre a vida cultural de cada urbe.
Equipamentos e BIC
Os tres estudos atenden ademais ao patrimonio cultural que existe en cada unha das localidade analizadas. Deste xeito, a análise compostelá localiza no concello 16 bens inmobles inscritos no Rexistro de Bens de Interese Cultural, un 2,3% do total de BIC existentes en Galicia. As estes súmanse os 9 expedientes de bens mobles, todos eles correspondentes a diferentes estatuas do Mestre Mateo. Pola súa banda, o Concello de Pontevedra conta con máis de vinte BIC, once deles gravados rupestres. En Ferrol pola súa banda, a listaxe está dominada polos diferentes castelos e baterías defensivas da localidade. Ademais, con diferentes criterios e minuciosidade, os tres informes atenden aos equipamentos culturais que existen en cada cidade, a listas espazos escénicos, centros socioculturais, museos ou bibliotecas.
Figueroa salienta a nivel de infraestruturas o que considera unha peculiaridade de Pontevedra, que integra estas co propio patrimonio. "O casco histórico é unha mostra da potencia que ten a cidade en moitos aspectos. A diferenciación patrimonial do espazos súmase ás políticas de mobilidade e peonalización da cidade, e iso fai que as prazas se conciban non só como espazos de convivencia senón destinadas á actividade cultural. Moitos concertos e representacións enchen as prazas todos os meses, sobre todo na primavera e no verán". A contaxe de espazos dedicados a actividades culturais na urbe revela cifras curiosas como é que "de xuntar todas as infraestruturas culturais dispoñibles de distintos axentes, poderiamos sentar a máis da metade da poboación local nalgunha actividade, aínda que é certo que esta capacidade en moitos casos non está totalmente aproveitada", recoñece. Dentro destas destaca como aspecto diferencial "as casas de cultura. Hai un grande número con moita actividade, ou o local de música".
Froito dun tempo
O feito de que estes tres proxectos coincidan nun período relativamente breve de tempo non é casual. Para Marcos Lorenzo isto ten a ver "cunha mudanza que se está a dar desde hai anos na contorna profesional dos diferentes sectores culturais. Foi callando a mensaxe de que era necesario dotarse de ferramentas de xestión racionais, de que non se podía seguir a xestionar a cultura desde a improvisación, as apetencias persoais ou o clientelismo. Esíxese cada vez máis que se tome en serio e se equipare a calquera outro sector que traballe con plans e indicadores, como a sanidade, a educación ou a industria". O posible impacto do posgrado en Xestión Cultural da Universidade de Santiago ou a consolidación da Asociación de Profesionais da Xestión Cultural son outros sectores que puideron influír nesta nova perspectiva. "Houbo moitos máis encontros profesionais e tamén medraron os intercambios e a actividade entre colectivos do libro, do teatro, do audiovisual ou mesmo das artes plásticas. Elevouse o nivel do debate, tróuxose a eses encontros xente que traballa noutras claves, e ao final iso influíu moito".
A utilidade
Á hora de valorar o impacto que teñen este tipo de informes, Lorenzo sinala que "son como unha primeira parte, que identifica as principais necesidades e problemáticas". No caso de Ferrol, ademais, "coa dimensión participativa a xente puido opinar sobre o que funcionaba mellor e pior, e con iso temos a diagnose feita. A partir de aí cómpre definirmos un horizonte desexable e ver como chegar". Precisamente nesta cidade o pasado venres 29 de abril dábase o seguinte paso e se presentaba o comezo do proceso para elaborar un Plan Estratéxico da Cultura, para o que contan coa colaboración da empresa Trivium e que será pioneiro a nivel galego. "Será un plan a seis anos vista, non só para guiar a acción da Concellaría de Cultura, senón que procurará a implicación doutros departamentos e axentes. Conseguilo levará moito traballo e dependerá de que consigamos conectar coas diferentes partes e implicalas no proxecto, e non vai ser sinxelo nunha sociedade tan tensionada como é Ferrol, pero temos toda a ilusión".
Para Figueroa, no caso de Pontevedra "este é un primeiro traballo, ten un enfoque práctico orientado a recoller o peso que ten a nivel económico a cultura nun sentido amplo para poder actuar", e salienta que para completar o panorama do sector cultural "hai aspectos relacionados con autores e creadores que non están recollidos e que haberá que desenvolver no futuro. Habería que abordar a historia da música ou da literatura en Pontevedra, ver os intérpretes e os autores". A resumir o potencial impacto da proposta apunta que "o importante deste traballo é que se pode tirar de fíos e afondar en cada capítulo de cara ao futuro".