Posado dos finalistas da XXª edición Foto: AGA
É habitual, sobre os eventos de entrega de premios, ler ou escoitar aquilo de que se trata de "unha gala para o recordo", facendo fincapé na proxección do momento para a posteridade. Nesta ocasión os Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual celebraban unha edición que reunía características moi especiais, que sen dúbida daban xa para valorala así a priori. Así o indicaban feitos como a celebración dunha cifra redonda de 20 anos de premios, a volta á reunión do sector tras estes dous anos de pandemia e ademais a aposta por un formato de evento diferente. Pero ademais de todo iso a propia proposta discursiva elevaba o momento de recordo a "auto-recordo" porque a propia historia destes vinte anos de premios estivo presente de xeito constante, xa fora con fragmentos de vídeo das anteriores edicións como a través do elenco de presentadores, máis coral que nunca, todos eles con antecedentes na intra-historia destes galardóns. Ademais de todo iso o momento máis intenso e emocional da noite tamén foi o de un recordo, o que se fixo en concreto para unha ausencia moi recente e dolorosa, a do actor Pedro Brandariz.
Outros nomes propios tomaron tamén a noite, marcándoa xa na Historia destes galardóns. Foi o caso da cineasta e académica Margarita Ledo, que acudiu a recoller o premio de honra Fernando Rey e recibir a homenaxe do sector audiovisual en recoñecemento á súa traxectoria "comprometida coa reflexión, a creación, o feminismo e a nosa lingua". A realizadora, investigadora e escritora subiu ao escenario de Expocoruña rodeada da equipa feminina da súa produción 'Nación', co que o pasado ano obtivo o Premio Mestre Mateo ao mellor documental. Os premios do audiovisual galego tamén tiveron presentes a outros dos nomes do ano. As Tanxugueiras subían ao escenario nesta ocasión non a cantar, senón para recibir, xunto á equipa da produtora 13 Amarillo e Playplan, o premio a Mellor Videoclip para 'Figa'. Tres para Tres O último premio da noite, o de mellor longametraxe, foi parar á película Tres, que tamén gañou os Mestre Mateo a Mellor actriz protagonista para Marta Nieto e Mellor son para Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech e Marc Orts. O palmarés completouse con 'A Virxe Roxa', de Marcos Nine, que foi votado polas académicas e académicos como mellor documental e #DígochoEu, de CRTVG, como mellor programa. Este último tamén recibiu o galardón a mellor comunicadora para Esther Estévez Casado. Redes Vivas, de Metronoventa Creatividad e Producción Publicitaria, foi distinguido co premio a mellor anuncio publicitario e 'Augas abisais', de Rebordelos, o de mellor curtametraxe. O resto de premiados da noite foron Jairo Iglesias a mellor realización por Origen; Lucía C. Pan a mellor dirección de fotografía por ¿Qué hicimos mal?, e Mataría Microserie, de Dinamo Producións e Javi Sega Producciones, como mellor serie web. Finalmente a comedia 'Cuñados' que entrou no recinto como gran favorita da noite ao ter ata 16 candidaturas finalistas saíu de Expocoruña sen ningunha estatua outorgada pola fauna do audiovisual galego. CATEGORÍAS DE PRODUCIÓN Mellor Anuncio Publicitario: Redes Vivas | Metronoventa Creatividad e Producción Publicitaria Mellor Curtametraxe: Augas Abisais | Rebordelos Mellor Documental: A Virxe Roxa | Recrea Films Mellor Longametraxe: Tres | Tres La Película Frida Nadir AIE, Frida Films, M-Films e Manny Films Mellor Programa: #DígochoEu (Cap. 336-676) | CRTVG, S.A. Mellor Serie de TV: Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2) | Movistar e Portocabo en colaboración con Arte France e Atlantique Productions Mellor Serie Web: Mataría Microserie (Cap. 41-49) | Dinamo Producións e Javi Sega Producciones Mellor Videoclip: Figa (Tanxugueiras) | Trece Amarillo e PlayPlan CATEGORÍAS PROFESIONAIS Mellor Comunicador/a: Esther Estévez Casado | #DígochoEu, Apuntamento lusófono (Cap. 1-20) Mellor Dirección: Jorge Coira | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2) Mellor Dirección de Arte: Samuel Lema | Jacinto Mellor Dirección de Fotografía: Lucía C. Pan | ¿Qué hicimos mal? Mellor Dirección de Produción Ana Míguez | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2) Mellor Guión: Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Lidia Fraga, Eligio R. Montero | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2) Mellor Interpretación Feminina de Reparto: Iolanda Muíños | Malencolía Mellor Interpretación Feminina Protagonista: Marta Nieto | Tres Mellor Interpretación Masculina de Reparto: Diego Anido | Malencolía Mellor Interpretación Masculina Protagonista: Pedro Brandariz | Jacinto Mellor Maquillaxe e Perruquería: Lorena Calvo | Jacinto Mellor Montaxe: Jorge Coira Gaspar Broullón, Juan Galiñanes | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2) Mellor Música Orixinal: Elba Fernández, Xavi Font | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2) Mellor Realización: Jairo Iglesias | Origen (Cap. 1-4) Mellor Son: Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech, Marc Orts | Tres Mellor Vestiario: Lorena Calvo | Jacinto"Fran Rei insistía no moito que ao desaparecido actor lle tería gustado recoller ese galardón e remarcaba a inxustiza do destino cun sentido "Que putada!" entre bágoas"



