A Aula Castelao de Filosofía presentou cartel e programación completa da que será a XXXVIII edición da Semana Galega de Filosofía, "Filosofía e Contrahexemonías" do 18 ao 22 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra. Segundo o presidente da Aula, Alexandre Cendón, "a hexemonía é a supremacía e o dominio tanto no ámbito político, cultural, moral ou social" e desde a Aula escolleron o tema "porque pensamos que é necesario reflexionar e debater, traer a luz os discursos que hai contra o pensamento e contra as prácticas hexemónicas vixentes", asegurou durante a presentación do programa, "e pensamos que máis que nunca é necesario visibilizar eses outros discursos que se opoñen aos poderes establecidos en todos os ámbitos, aínda que o concepto estea especialmente manido dentro da política." O programa completo xa está dispoñible e ademais de actividade presencial tamén haberá emisión en liña.
O evento, contará co politólogo arxentino Atilio Borón o luns 18 de abril para o relatorio de apertura, no que estará moi presente a invasión de Rusia a Ucraína. A clausura estará a cargo da "feminista underground", Victoria Sendón, creadora en 2006 da Fundación Matria. Jule Goikoetxea, Ricardo Antunes, Najat El Hachmi ou Fernández Liria serán outros dos relatores que achegarán as súas miradas. Entre as 15 intervencións, terá lugar unha mesa redonda na tarde do mércores que contará co Liceo Mutante, Miudiño Sociedade Cooperativa Galega e as Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo. Segundo Cendón, a estrutura o evento manterá os relatorios das 10 da mañá, "con maior carga teórica e contido filosófico; polas tardes tocamos a mesma temática pero centrada no ámbito de Galicia e tamén este ano fixemos un esforzo porque as sesións de tarde tiveran un maior contido de cara aos docentes galegos, unha utilidade pedagóxica. As sesión de noite teñen un contido máis xeral, con menor carga filosófica ou a lo menos non circunscritas soamente a relatores ou relatores filósofos ou filósofas".
Programa XXXVIII Semana Galega Filosofía 2022.O evento, contará co politólogo arxentino Atilio Borón o luns 18 de abril para o relatorio de apertura, no que estará moi presente a invasión de Rusia a Ucraína. A clausura estará a cargo da "feminista underground", Victoria Sendón, creadora en 2006 da Fundación Matria. Jule Goikoetxea, Ricardo Antunes, Najat El Hachmi ou Fernández Liria serán outros dos relatores que achegarán as súas miradas. Entre as 15 intervencións, terá lugar unha mesa redonda na tarde do mércores que contará co Liceo Mutante, Miudiño Sociedade Cooperativa Galega e as Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo. Segundo Cendón, a estrutura o evento manterá os relatorios das 10 da mañá, "con maior carga teórica e contido filosófico; polas tardes tocamos a mesma temática pero centrada no ámbito de Galicia e tamén este ano fixemos un esforzo porque as sesións de tarde tiveran un maior contido de cara aos docentes galegos, unha utilidade pedagóxica. As sesión de noite teñen un contido máis xeral, con menor carga filosófica ou a lo menos non circunscritas soamente a relatores ou relatores filósofos ou filósofas".