Este nove de marzo cúmprense douscentos cincuenta anos da morte de Frei MartÃn Sarmiento. A conmemorar a efeméride, tanto Consello da Cultura Galega como o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, dependente do CSIC, desenvolven nesta xornada unha serie de actos e publicacións de homenaxe ao insigne monxe beneditino.
Deste xeito, o Consello da Cultura pon en marcha nesta data un espazo web no que recolle todos os contidos que ten publicado sobre eo estudoso. Ademais, anuncia a celebración en novembro dun congreso dedicado á súa figura. No mesmo presentaranse os dous últimos volumes da monumental Obra de 660 pliegos: De historia natural y de todo género de erudición, a máis extensa realizada polo erudito e que a institución comezara a publicar en 2008.
O Consello adianta tamén que en 2023 publicará un novo volume de estudos sobre o autor que pretende ofrecer novas lecturas sobre o seu traballo "desde perspectivas multidisciplinares e a cargo de recoñecidas figuras".
Pola banda do Instituto de Estudos Galegos, integrado o Consello Superior de Investigacións CientÃficas, as conmemoracións comezan na mañá desta xornada cunha misa. A seguir, o Dr. Isidro GarcÃa Tato impartirá no Pazo de San Roque, sede da institución en Santiago de Compostela, unha conferencia titulada O Padre MartÃn Sarmiento. Semblanza dun bieito galego ilustrado.
Para a tarde está prevista a inauguración no claustro do mesmo pazo dunha mostra bio-bibliográfica que recolle "testemuños e publicacións representativas dos estudos dedicados á figura e obra do sabio benedictino" complementada cunha crono-bio-bibliografÃa do autor. A mostra permanecerá aberta ao longo de todo 2022.