O Concello de Poio asume desde este 1 de marzo a xestión da Illa de Tambo, na RÃa de Pontevedra. Representantes do Ministerio de Defensa, actual titular deste espazo, e do goberno municipal, asinaban na mañá deste dÃa o acordo de cesión que establece o uso especÃfico "para fins culturais, sociais, educativos ou medio ambientais" da illa.
A xestión municipal asúmese baixo a forma dunha "concesión demanial", que segundo o concello é a fórmula máis áxil para o traspaso da xestión. O acordo ten unha duración inicial de vinte e cinco anos, prorrogable por outros 75, que o Concello considera "máis que suficiente" para completar o traspaso definitivo da titularidade do conxunto. O convenio establece o pago anual dun canon 25.000 euros a Defensa, do cal se restarán os investimentos e gastos de mantemento do conxunto.
O Concello anunciou a súa intención de que para o vindeiro mes de maio comece un programa de visitas guiadas á illa para o público xeral, e de xeito previo desenvolverase unha serie de excursións organizadas para colectivos locais. Ademais, o goberno local prevé desenvolver un plan de protección e uso para o conxunto no que se recuperarán os valores ambientais e patrimoniais do mesmo. Deste xeito, o Concello prevé recuperar e poñer en valor "enclaves como os restos que datan da Idade de Ferro, a ermida do século XVI ou o lazareto do século XIX, sen esquecer o emblemático Faro de Tenlo, que en 2022 cumprirá 100 anos de existencia".
Ademais, o Concello quere conseguir a declaración como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) para a illa. Neste mesmo ano desenvolveranse as primeiras tarefas de limpeza e conservación do lugar.