A Real Academia Galega de Ciencias incorpora novos membros

Os cinco científicos proceden de campos tan diversos como a bioloxía ou a robótica

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) abriu o martes no Pazo de San Roque o curso académico coa incorporación de cinco novos membros da institución: María Soledad Soengas, Ana Cebreiro, Aníbal Ollero, Manuel J. Tello e Ángel Sanjurjo. Os membros proceden de ámbitos moi diversos: María Soledad Soengas é microbióloga especializada na loita contra o cancro de pel máis común, o melanoma. Ana Cebreiro é unha economista que traballa como responsable de Tributación Internacional no Banco Mundial. Aníbal Ollero é un enxeñeiro experto en robótica, Manuel J. Tello é catedrático de Física impulsor da candidatura para instalar en España a fonte europea de neutróns por espalación e Ángel Sanjurjo é director emérito do Stanford Research Institute.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega de Ciencias, Cebreiro, Pazo de San Roque