Unha das cancións máis famosas da historia do rock, cuns acordes que xa son patrimonio universal, dá título á nova produción teatral de Ibuprofeno Teatro, a súa oitava montaxe. 'Smoke on the Water' pre-estréase este venres, 4 de febreiro no Teatro Principal da Estrada, onde levou a cabo a súa produción en residencia artística, tamén estará alí o sábado, 5. Os vindeiros 11 e 12 de febreiro estrearase oficialmente en Narón e xa ten xira confirmada para pasar posteriormente por Santiago de Compostela, Oleiros, Lugo, Vimianzo, Vigo, Cangas e A Coruña. Santiago Cortegoso dirixe e asina o libreto desta obra que se define como "traxicomedia sórdida" e que promete ser unha historia "de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor". O elenco está formado por Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e inclúe ao músico Mon Orencio (Mr.Cool).
En 'Smoke on the Water' Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll dos 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. Segundo conta a sinopse do espectáculo, a súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este "status quo" absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie. A intervención de Joan (Baez), empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.