Con toda a equipa de Tanxugueiras xa de volta na terra da que saÃu esoutra 'Terra' que soubo conquistar tantas xentes por todo o Estado, a conmoción que deixou atrás o resultado do Benidorm Fest non deixa de crecer. Ante a inxustiza manifesta das valoracións do xurado elixido por TVE, dirixidas a sacar ás galegas das opcións de vitoria ante unha previsión do grande apoio popular, a indignación percorreu todas os substratos sociais suscitando comentarios que Ãan desde a sorpresa ata o enfado alporizado. Persoeiros públicos, polÃticos de todas as cores, artistas e xentes todas da cultura galega non deixaron de amosar a súa contrariedade co xurado e sinalar que as cantareiras son grandes vencedoras, cheas de mérito e un orgullo para o paÃs. Mesmo os grupos polÃticos de orixe galega presentes no Congreso dos Diputados, Galicia en Común e BNG, anunciaron a presentación preguntas para o consello de RTVE e a solicitude de comparecencia do seu director para que expliquen os criterios de valoración para a composición do xurado, asà como maior transparencia das puntuacións detalladas. Pola súa banda no ente televisivo público non puideron mirar para outro lado ante a indignación popular e xa anunciaron unha revisión do sistema de votacións de cara ao ano que vén. Pero o clamor é tal que a sección do sindicato CC.OO. en RTVE acaba de solicitar "deixar sen efecto a elección da canción que representará a España no Festival de Eurovisión" este ano ata que se poidan explicar as "presuntas irregularidades" que considera "notables".
Con todo, ninguén pon en dúbida a magnitude do acadado polas Tanxugueiras e a súa equipa neste proceso. A capacidade e forza do discurso integrador e reivindicativo de 'Terra' xunto coa excelencia da súa proposta artÃstica foron quen de conectar cunha ampla representación da sociedade española, que foi a que cos seus votos mantivo as súas opcións no concurso. O retrouso 'Non hai fronteiras' nas linguas oficiais do Estado e na de signos acadou o seu obxectivo traspasando todas, agás as de algúns dos membros do xurado seleccionado por TVE e os seus criterios ou intereses non expresados claramente. O vÃdeo de presentación do tema acumula case tres millóns e medio de visualizacións, máis de dous millóns o seu paso pola semifinal e máis dun millón o da súa actuación na final do festival. O éxito dos directos foi tal que en Galicia a audiencia da final chegou a representar o 52,9% e no conxunto do estado o 25,6, cifras históricas para TVE desde a aparición do resto das cadeas. As cantareiras de Teo xa teñen asegurada a súa entrada en carteis de festivais para os vindeiros meses e prevese o éxito na súa vindeira xira de concertos de presentación do seu novo traballo. Elas non serán flor dun dÃa dun festival televisivo, español ou europeo, senón que como di outro dos retrousos de 'Terra', "veñen para quedar".
Comunicado CC.OO. Sección RTVE.Con todo, ninguén pon en dúbida a magnitude do acadado polas Tanxugueiras e a súa equipa neste proceso. A capacidade e forza do discurso integrador e reivindicativo de 'Terra' xunto coa excelencia da súa proposta artÃstica foron quen de conectar cunha ampla representación da sociedade española, que foi a que cos seus votos mantivo as súas opcións no concurso. O retrouso 'Non hai fronteiras' nas linguas oficiais do Estado e na de signos acadou o seu obxectivo traspasando todas, agás as de algúns dos membros do xurado seleccionado por TVE e os seus criterios ou intereses non expresados claramente. O vÃdeo de presentación do tema acumula case tres millóns e medio de visualizacións, máis de dous millóns o seu paso pola semifinal e máis dun millón o da súa actuación na final do festival. O éxito dos directos foi tal que en Galicia a audiencia da final chegou a representar o 52,9% e no conxunto do estado o 25,6, cifras históricas para TVE desde a aparición do resto das cadeas. As cantareiras de Teo xa teñen asegurada a súa entrada en carteis de festivais para os vindeiros meses e prevese o éxito na súa vindeira xira de concertos de presentación do seu novo traballo. Elas non serán flor dun dÃa dun festival televisivo, español ou europeo, senón que como di outro dos retrousos de 'Terra', "veñen para quedar".