A historia do ensino e o Pseudo-Turpín a análise en diferentes eventos

Congresos e congresos

Estes días celébranse numerosos congresos en toda Galicia. En Santiago, coñecedores da figura do Apóstolo Santiago reuniránse desde mañá para celebrar o VI Congreso Internacional de Estudios Xacobeos. Máis lonxe, en Allariz, profesores de Galicia e de Portugal analizan a historia do ensino en ambos países. O de estatística en Ferrol e o de teletraballo, dentro do curso de periodismo dixital, en Compostela completan o cartel do programa de hoxe.

Análise do Pseudo-Turpín


Explicar os motivos do texo do libro cuarto do Códice Calixito dentro do cultro xacobeo é cometido principal do VI Congreso Internacional de Estudios Xacobeos que comeza mañá no Hostal dos Reis Católicos en Compostela. O contido dese texto, coñecido como pseudo-turín, narra os feitos de Carlomagno na Península Ibérica. Por ese motivo todos os expertos que se reunirán en Santiago analizarán o famoso Liber Sancti Jacobi, obra que extendeu o culto xacobeo por toda Europa, desde diferentes perspectivas. Por ese motivo, nas diferentes ponencias abordaranse diferentes aspectos deste fenómeno. Un grupo adicarase a analizar o momento histórico da escrita deste capítulo. Outra serie de relatorios examinará as maneiras utilizadas para estender por toda Europa as historias sobre Carlomagno, emperador que non só loitou contra os musulmáns na Península, senón que tamén supostamente descubriu o sepulcro do Apóstolo Santiago. Ademais prestarán atención ás tradicións artísticas e literarias, reforzadas posteriormente por feitos como a canonización de Carlomagno no ano 1165. Finalmente, unha última parte do Congreso estudiará a transmisión das historias nas diferentes linguas vernáculas.











O ensino a exame


65 profesores procedentes de 25 universidades españolas e 12 portuguesas danse cita desde onte na localidade ourensá de Allariz. O seu cometido é analizar e profundizar nas causas educativas do distanciamento pedagóxico e cultural que tivo lugar entre ambas as dúas beiras do Miño. O congreso, chamado "IV Encontro ibérico da historia da ducción", rendeu no seu primeiro día de celebración unha homenaxe á figura do ilustrado Pai Feixóo. Unha celebración que rematou colocando unha placa de bronce no busto ilustrado que ten na Alameda do Arnado.
Segundo o presidente da organización, Antón Costa Rico, en declaracións para La Región, a celebración do congreso pretende con estas xornadas "romper coas distancias culturais, transformándoas en encontros e diálogos de identidades".
As xornadas celébranse por primeira vez en Galicia e conta co patrocinio das tres universidades, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, Caixanova, o Concello de Allariz e o Ministerio de Educación.