Ensalle Teatro estrea en Vigo 'Sin la soga al cuello'

A compañía residente na sala viguesa presenta esta fin de semana a primeira obra de Gonzalo Cunill

A compañía Ensalle Teatro, residente na sala viguesa do mesmo nome, estrea hoxe a súa nova montaxe, 'Sin la soga al cuello'. O espectáculo manterase en escena toda a fin de semana, ata o domingo 30. A obra créase sobre un texto do actor Gonzalo Cunill, que iníciase con ela na dramaturxia e tamén dirixe a montaxe e participa como interprete xunto a Raquel Hernández e Artús Rey. 'Sin la soga al cuello' fálanos da carencia, un sentimento coma unha "ferida que sangra a pesar de estar cicatrizada" e que diferencia de outras sensacións coma o baleiro, "non ten nada que ver coa placidez do baleiro, onde podemos colocar desexos, actividades, encontros e obxectos de variada textura e matizadas cores", aseguran no texto de presentación.