Entre 1750 e 1825, 555 mulleres declararon ante notario, só nas comarcas do Eume e Ferrol, que estaban embarazadas antes de casaren. A situación era tan común que tiña unha figura legal específica, "as espontaneadas", polo momento só coñecida en Galicia con ese nome. Os datos revelan unha visión da sexualidade feminina ata o momento pouco investigada. Foi por esta investigación que o historiador betanceiro Ángel Arcay fíxose co I galardón do Premio de Investigación Hume, convocado pola Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume, o Concello de As Pontes e a Deputación da Coruña. Co seu traballo "Mujeres espontáneas: fragilidad humana y cópula carnal en las comarcas del Eume y Ferrol (XVIII-XIX)", Arcay indagou nunha realidade ata agora pouco documentada. Falamos co autor para coñecer máis desta historia.
Como chegaches ás "mulleres espontáneas"?
Foi un pouco de rebote. Estaba axudando a outro investigador no arquivo notarial da Coruña, cando apareceu un expediente dunha espontaneada. Eu ata ese momento só coñecía as espontáneas de San Xoán de Río. E cando estabamos rematando apareceron os expedientes dun notario de Neda, Baltasar de Rivera, onde nos aparecían 75 mulleres espontaneadas. E pareceume curioso porque en San Xoán de Río era un número menor, sobre unhas 30 no século XIX. Ao ser na zona de Ferrol pensaba que podía estar vinculado coa presenza de militares ou mariñeiros. E ao seguir tirando do fío atopeime cun notario de Cedeira que espontaneaba a máis de 200 mulleres, de feito tiña un protocolo feito só con eses expedientes. Poden parecer cifras moi elevadas para unha vila, pero eu penso que en realidade aínda hai moitos protocolos notariais por baleirar por todas partes. Pode haber moitas máis en moitos outros sitios.
En que consistía ser "espontaneada"?
Eran mulleres que quedaban embarazadas fóra do matrimonio. Que ficaran embarazadas fóra do matrimonio non era delito nin pecado. Se elas afirmaban que tiveran a promesa do matrimonio xa máis ou menos podían xustificar o embarazo. O 90% das espontáneas que estudei afirmaban que tiveran promesa de matrimonio e que caeran por "fraxilidade carnal". No protocolo dunha espontánea teñen que expliar quen é a súa familia, a que se dedican, cantos anos teñen. A maioría son xente humilde: criadas, costureiras. Teñen que identificar o home e explicar como sucedeu todo para rematar onde remataron. É curioso porque a imaxe da muller galega do XVIII adoita ser unha idea sumisa, pero na documentación vemos de todo, e moitas mulleres que para nada teñen ese perfil. Hai un caso moi curioso, de María Lorena de Villadóniga, de 1788, que conta como pasou un peregrino que lle pediu pousada na súa casa, o acolleu, fixeron o amor e non se lembra nin do seu nome nin procedencia.
Que consecuencias tiñan para elas esas declaracións?
Non hai unha lexislación moi clara. Pero o que conseguían, por unha banda, é que non se lles molestase. Podían continuar vivindo na súa casa. Pero por outra banda, este procedemento facíase para evitar as prácticas abortivas. As mulleres teñen que nomear un fiador, que se fai cargo cos bens e patrimonio do neno se se dá o caso. De algún xeito, lógrase unha especie de salvoconduto e elas comprométense a criar o neno. Protéxenas e téñennas controladas a un tempo. Hai notarios que van ás casas delas e outras que acuden onde o notario, iso depende de cada caso.
Hai algún patrón común?
En Cedeira, por exemplo, están implicados con moita frecuencia os militares. Aproveitábanse de ir vestidos con fusís ou rifles. Pero tamén atopamos moitos casos de sexo libro, de mulleres que non lles interesa como se chama o home, ou de familiares. Tamén hai casos de criadas, non tanto dos seus xefes como de compañeiros.
Esta figura legal aparece noutros lugares?
Co nome de "espontáneas" só o coñecemos en Galicia. Estamos buscando o equivalente noutros países. Algúns autores comentan de figuras similares en Francia, combinando ese afán de protexelas e telas controladas ao mesmo tempo.