O Museo Pedagóxico de Galicia, na capital galega, acolle a exposición "Santiago. Peregrinación, cidade, escola" amosando as relacións entre a escola, o fenómeno xacobeo e a cidade de Compostela desde a época da Restauración ate a actualidade. A mostra presenta unha escolma de máis de 70 pezas, na súa maiorÃa procedente de centros educativos e que forman parte do fondo do Museo Pedagóxico de Galicia na actualidade, articuladas en torno a dous eixes principais: O primeiro xira en torno aos materiais escolares e a propia historia da educación ao longo do camiño de Santiago. Preséntanse asà diversos materiais escolares nos que se recolle a figura de Santiago ou ben distintos aspectos do camiño representados cun fin educativo e pedagóxico que se utilizaron ante o alumnado desde a época da Restauración e ate este mesmo século XXI, entre os anos 1881 e 2004.
O material exposto amosa que a figura do apóstolo Santiago está presente no eido educativo nos recursos que se empregaban na docencia, especialmente naqueles dedicados á lectura, ao longo de todo o século pasado. O segundo eixe da mostra, fai referencia ás institucións educativas que alberga a cidade meta da peregrinación: Santiago de Compostela. Unha representación da educación representada en diversas institucións: Universidade, Seminario e centros educativos. Con esta exposición comisariada polo propio persoal do MUPEGA o museo súmase ás celebracións do Xacobeo 2021-2022 ao tempo que recupera e pon en valor pezas do ámbito docente, moitas delas nunca mostradas ao público.