Afonso Barreiro, Fon, impúxose na terceira edición do Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que a escola pontevedresa de novena arte convoca en colaboración con Edicións Xerais. Cósmico, o bombeiro galáctico, a obra gañadora é, segundo o fallo do xurado, "unha aventura que fala, de forma máis divertida que didáctica, do coidado do monte e da natureza a través dun peculiar bombeiro que, polas súas maneiras, un dirÃa que emparenta con algúns persoaxes mÃticos do anime e o manga".
A nivel gráfico destácase que o autor emprega un "estilo cartoon infantil moi recoñecible desde outras obras de Fon, con influenzas que van desde Jan ata Toriyama. O autor, que se formou en O Garaxe Hermético, imparte na actualidade clases na escola e dirixe as xornadas V de Viñetas en Noia. Ten publicadas as obras Curuxa, a voz de Azazel, Troglo e Dita e Gazafellos.
O xurado estivo composto por Miguel Porto, Fernando Iglesias (Kohell), Fernando Llor e Kiko da Silva, profesores do Garaxe Hermético, e AnaÃr RodrÃguez e Fran Alonso, en representación de Xerais. A editorial publicará a obra gañadora a vindeira primavera, a coincidir coa celebración do décimo aniversario da Escola de BD.