Mastodon, The Raven Age, Ciclonautas e Bourbon Kings son as últimas incorporacións ao cartel da que será a edición 15+2 do Resurrection Fest. A organización do festival anunciou que este venres 26 de novembro porá a venda as entradas para cada un dos cinco dÃas que vai durar o evento. A manter a maior parte do cartel anunciado para a última edición presencial, a de 2019, Viveiro acollerá entre o 29 de xuño e o 3 de xullo pesos pesados do mundo do rock duro como son Judas Priest, Korn, Sabaton, Avenged Sevenfold, Rage Against, Sepultura, Jinjer ou Bring me de Horizon.
As entradas para cada unha das xornadas poderán adquirirse por Internet a partir das 12 da mañá do venres a un prezo de 79 euros máis gastos. Tamén se poden mercar billetes para a festa de presentación do dÃa 29, na que actuarán Deftones, Bullet For My Valentine, Alien Weaponry e Bleed From Within, a un prezo de 39 euros.
En paralelo, anúnciase para o 8 de outubro de 2022 a celebración do primeiro Resurrection Day no Coliseum da Coruña. A xornada reunirá os suecos Amon Amarth con Machine Head en senllos recitais que se complementarán con diferentes actividades por concretar.