Algúns do edificios máis representativos da zona vella de Compostela estaban ata o de agora pechados para o grande público. A razón: son instalacións da Universidade de Compostela e son utilizados cada curso. Este mes de agosto comezou o programa Universidade Viva, que permite ver mediante visitas guiadas e pagadas algúns destes espacios inéditos.
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é, despois da Igrexa, o maior propietario de edificios na zona histórica da cidade, uns edificios que ata o de agora eran só accesibles para os membros da comunidade universitaria. Vendo desta situación non é de estrañar que este verán se puxese en marcha un programa para abrir algúns destes lugares ao masivo turismo que enche a capital do país. O resultado foi o programa Universidade Viva, que mediante un convenio entre Concello, Universidade e a Oficina de Turismo, permite aos visitantes acceder a algúns dos lugares máis emblemáticos desta institución e que, por extensión, forman parte da historia de Compostela.
O comezo
As visitas, que se realizan durante o mes de agosto, duran dúas horas, realízanse catro veces ao día e o seu prezo é de doce euros por persoa. Comezan e rematan no Colexio de Fonseca, primeira sede desta institución e edificio que na actualidade acolle a Biblioteca da Universidade. Durante o percorrido os guías (estudiantes universitarios de terceiro ciclo) amosan a través dos diferentes edificios a evolución histórica desta entidade e sinalan diferentes anécdotas relacionadas cos espacios que se visitan. Deste xeito, en Fonseca vense as orixes da Universidade, cunha grande compoñente eclesiástica e reservada unicamente aos estudiantes de berce nobre. Tamén neste pazo se accede a un lugar tan pouco amosado como é a Biblioteca América, 22.000 volumes sobre este continente doados por Gumersindo Busto a esta institución, e aos que só podían acceder investigadores desde que en 1995 se pechou ao público por última vez.
Algunhas curiosidades
Aproveitando o paso por Fonseca visítase tamén o anexo Colexio de San Xerome, actual sede do rectorado, e mesmo se poden ver os despachos desde os que a día de hoxe se goberna o destino da USC. Tamén se pode ver neste complexo de edificios o antigo paraninfo, onde se celebraban os actos de apertura e peche dos cursos universitarios. Abandonando este complexo a visita continúa pola zona vella ata a rúa Nova, onde se pode ver o antigo Colexio de San Patricio ou dos Irlandeses. Este foi un centro fundado por Felipe II para dar instrucción aos católicos irlandeses que fuxían do anglicanismo que se acababa de impor nas illas.
O edificio ilustrado
Tamén se visita o exterior a antiga casa de Fonseca, actualmente sede dun coñecido pub, para continuar na Facultade de Historia, construída en plena época da Ilustración e que desde aquela dá servicio á USC. No seu interior amósanse lugares tan destacados coma o claustro ou o Paraninfo, que aínda hoxe acolle numerosos actos oficiais. Como curiosidade desta estancia sinálase o anxo pintado no teito e que porta unha bandeira da II República Española. Tamén se pode ver a biblioteca, en pleno funcionamento, ou a terraza, desde a que existe unha completa vista de Compostela. Desde alí vóltase ao punto de partida.
As perspectivas
A piques de rematar o seu primeiro mes de existencia, o programa Universidade Viva está a atraer a abondosos turistas a coñecer o interior da antiga institución compostelá. A pesar deste éxito, Universidade Viva é polo de agora só un proxecto piloto, que xa foi valorado moi positivamente polos responsables da USC, tanto no que se refire á resposta do público coma á colaboración que se estableceu co Concello e a Oficina Municipal de Turismo. Á vista dos resultados a finais de mes, as institucións implicadas no proxecto analizarán a viabilidade de manter esta actividade. A súa intención é ampliar o itinerario incluíndo zonas verdes coma os dous campus ou edificios máis modernos coma a Facultade de Ciencias da Comunicación deseñada polo portugués Álvaro Siza. Ademais, preténdese ofrecer este servicio durante os doce meses do ano para o vindeiro Xacobeo, ofrecendo ademais guías en inglés e en francés. Tamén está en proxecto a posibilidade de facer visitas en galego destinadas tanto a estudiantes de Ensino Medio coma aos propios universitarios que queiran coñecer mellor a súa institución.