Vigo investiga a súa historia e o seu presente mediante a rodaxe dun filme

Cine de barrio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Concello da Cidade Olívica presentou onte o programa "Vigo, unha cidade de cine" que pretende realizar un documental sobre a cidade a partir das ideas, lembranzas e coñecementos dos veciños e das asociacións da urbe. Ademais de gravar unha película, esta iniciativa pretende facer reflexionar a poboación sobre a súa propia cidade e constituirse nun novo xeito de coñecer Vigo, deixando patentes as súas necesidades e posibilidades desde o punto de vista da cidadanía.

Falando cos veciños

O programa "Vigo, unha cidade de cine" auna técnicas de investigación social e de paraticipación cidadá "non só para recuperar a memoria histórica, senón para decidir cuestións políticas determinantes para o futuro da cidade", sinalou a concelleira Mariló Cabaleiro.
Deste xeito, o proxecto vai moito máis aló da mera rodaxe da documental, e xa no mes de xuño comezou realización de entrevistas a diferentes cidadáns esoclidos pola asociacións veciñais dos barrios de Lavadores, Valadares e Coia.
Estas entrevistas están a ser rexistradas en video, e nelas os veciños rememoran feitos destacados da cidade a través da súa propia experiencia vital. Tamén se recollerán as impresións que teñen de cadanseu barrio a través da gravación de diferentes paseos pola zona.



Debates e obradoiros

Entre outubro e novembro realizaranse pola cidade diferentes aulas de investigación urbana e obradoiros audiovisuais. Nestas sesións proxectaranse películas e organizaranse debates entre os veciños para discutir cuestións da vida urbana e a organización que terá o guión do documental.
Ademais do documental, realizarase unha páxina web na que se recollerán todas as fases da investigación, do debate e da realización do filme, e un CD-Rom que recolla todo o material do proxecto.



Horarios e programa

O programa de investigación estase a desenvolver baixo da dirección da antropóloga Beatriz Ruiz. As xuntanzas de debate realizaranse entre as catro e media e as sete no Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares os luns, no local da Asociación Veciñal Cristo da Victoria de Coia os martes, e no local a Asociación Veciña Cultural e Deportiva de Lavadores-Villa Galicia os venres.
Segundo sinalou Beatriz Ruiz, agarade que este proxecto permita ós veciños coñecer mellor a súa propia cidade e que o material reunido sirva como ferramenta sociopolítica para o futuro da cidade


Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Cine, Documental, Asociacións...