O Xurado do V Premio AgustÃn Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade outorgou o seu premio por unanimidade á obra titulada 'A gruta da torre' presentada baixo o lema ou seudónimo de 'UN PESO SEMPRE SE GASTOU' e que resultou ser da autorÃa do lucense Lois Pérez DÃaz. O xurado salienta da obra gañadora o interese da trama que se desenvolve no verán de 1990 en Ribadeo en espazos recoñecibles asà como polo seu carácter como historia de formación protagonizada por un grupo diverso de rapaces e rapazas que emprenden unha viaxe de descuberta seguindo o fÃo das viaxes nos libros e na memoria. Segundo a acta. A obra está "escrita con mestrÃa, empregando diversos recursos e rexistros, a novela mantén un pulso narrativo que non decae". O premio está convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, e o xurado estivo formado por Iria Misa Peralba, Manuel Bragado e Xosé Lastra Muruais. O premio está dotado con 3000 euros e a publicación da obra.
Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre e contador de historias, e o centro da súa actividade artÃstica é a narración oral e a escrita. No eido da dramaturxia, gañou en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, coa obra "Saltimbanqui", dirixida e adaptada por Quico Cadaval e interpretada por este canda Xan Cejudo e Xosé Olveira Pico, publicada en libro-cd (Xerais, 2008). En 2013 publicou "LP", o seu primeiro poemario, editado por Emerxente. Foi colaborador do grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade para persoas con diversidade funcional e ocasionalmente exerce de cronista do rock and roll para a revista "Ruta 66" e como locutor radiofónico nocturno para openradio.es. Colabora coa Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e no eido do ensino traballou e coordinou diferentes proxectos de innovación na normalización lingüÃstica do galego na escola, premiados todos eles (2008, 2009, 2010 e 2011) por organismos oficiais e institucións diversas. "Long Play" (2017) é o seu primeiro libro de poemas en Xerais.