A Revista galega de tradución, 'Viceversa', editada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo ven de ser recoñecida co Premio Xela Arias outorgado pola Asociación galega de profesionais da tradución e a interpretación (AGPTI). O premio foi anunciado o pasado 30 de setembro, Día Internacional da Tradución. Coa concesión deste galardón, que vai pola súa cuarta edición, a AGPTI quere recoñecer a traxectoria desta revista académica e o traballo que ten feito dende 1995 en relación coa teoría da tradución e da interpretación á nosa lingua. 'Viceversa' está coordinada polos docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución Alberto Álvarez Lugrís e Ana Luna Alonso. O premio será entregado nun acto simbólico que se espera celebrar antes de que remate o ano.
O premio convocado pola AGPTI pon en valor a tradución profesional e o galego como lingua de traballo.Compre salientar que a propia Xela Arias, tradutora e escritora a quen homenaxea este premio, foi membro do Consello de redacción da revista ata o seu pasamento no ano 2003. Segundo se anuncia, axiña sairá do prelo un libro coordinado por Viceversa con estudos sobre as traducións de Xela Arias, tamén homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas. A revista, fundada no ano 1995 de xeito conxunto pola Asociación Galega de Tradutores Galegos (ATG) e o Departamento de Filoloxía galega e latina da Universidade de Vigo, publicouse ininterrompidamente dende 1995 até o ano 2014, con volumes anuais ou bienais. Despois dunha longa parada, neste 2021 por fin saíu do prelo o número 21. Todos os números da revista están dixitalizados e pódense consultar abertamente na páxina web de Viceversa.