
Os grupos ganadores ParaÃso Canto e Charanga Trébede, ademais da gravación dunha peza musical e un vÃdeo nos Estudios de Gravación Mans de A Coruña, realizarán un circuito musical en vivo, comezando o dÃa 2 de outubro en Porto do Son, para despois pasar por Trascastro (O Incio) e polo conxunto etnográfico das bodegas centenarias de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón). As actuacións de Porto do Son e a Ribeira Sacra, estarán acompañadas da celebración de coloquios e charlas sobre distintos aspectos da evolución da industria cultural e a música tradicional. No Porto do Son terá lugar a charla 'Herdanzas e sons: cociña da festa', con Montse Riveira de LeilÃa, na aldea modelo de Trascastro (O Incio) será Susana Seivane, a que participará no coloquio 'Encaixes e co-protagonismo da música tradicional / de raÃz nos espazos da festa', mentre que en Vilacha de Salvadur (A Pobra do Brollón), será Xabier DÃaz quen falará sobre 'Novos camiños: transmisión dixital da música tradicional / de raÃz'.