O actor Luis Iglesia Besteiro (Riotorto, 1962), é o persoeiro do cine galego elixido polo Grupo Fotográfico Fonmiñá para ser homenaxeado na XLIII Semana de Cine de Lugo. Como é habitual, en cada Semana de Cine vense honrando a destacados lucenses e galegos do cine, téndoo sido nos últimos anos Luis Tosar e Antonio Mourelos, e con anterioridade –entre outros- Rosario Durcal, Mercedes Cora, Manuel Lourenzo, Prudencia Grifell, Carmen Correa, Frank Braña ou Eduardo Fajardo. A XLIII Semana de Cine de Lugo, que organiza Fonmiñá co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo, celebrarase na capital lucense do 20 ao 25 do próximo mes de setembro. Este ano, Fonmiñá vai publicar un libro homenaxe a Luis Iglesia, obra de Manuel Curiel, director da Semana, que fará o número 22 da Biblioteca da Semana de Cine, e o nome do homenaxeado figurará nunha placa no Paseo do Cine de Lugo (Parque de Frigsa). Asimesmo neste paseo se incluirá unha placa que lembre a figura de Frank Braña, o actor que máis veces "morreu" no cine español, e que participou na homenaxe que se lle rendeu na Semana de Cine do ano 2007.
Vencellado a grupos de teatro amador, Iglesia comeza a súa carreira profesional en 1986 como actor e director de dobraxe, compaxinando estas actividades co teatro (en grupos como Teatro do Aquà ou Volta e Dálle), o cinema, a televisión e mais a locución, isto último mesmo incluÃndo a docencia de cursos especÃficos. Ten contado, en series de TV, con papeis protagónicos (Un mundo de historias, Terra de Miranda, Matalobos) e no eido das curtametraxes, cun bo feixe de interpretacións. A súa experiencia abrangue tamén telefilmes, longas, presentación para a pequena pantalla (Rapaces, Cousa, cousiña) e para documentais como Galegos en Lisboa. No seu máis recente traballo audiovisual, "Método criminal" (2020), interpretábase a sà mesmo.