Desde o pasado 1 de xullo está en marcha en Compostela o ciclo ColapsoloxÃas, un proxecto que convida a se achegar ao son e á música experimental mediante performances, escoitas ou concertos. Colapso Colectivo coordina este programa que comprende un total de 36 eventos, a incluÃr 20 concertos e Dj set, 5 CoLabs, 6 escoitas circulares e 4 roteiros.
Segundo explica a organización ColapsoloxÃas é unha "residencia centrada na experimentación e na creación sonora" que se desenvolve ata o vindeiro 15 de agosto no Auditorio de Galicia e espazos exteriores da cidade. "A vocación do evento é tecer unha rede de intercambio con diferentes proxectos e artistas que entenden a música e a creación desde unha perspectiva crÃtica afÃn ás dinámicas de traballo do Colectivo. Ao mesmo tempo busca fomentar a colaboración e o intercambio entre as persoas artistas participantes e axentes locais".
O programa inclúe nomes de Djs coma Ben Bertrand, Tarta Relena, Elvin Brandhi, Enrique del Castillo, Accident du Travail, Ep64 ou Dj Marcelle, ademais de proxectos centrados na escoita com os de Fundación Phonos, edicións Capablanca, Favela Discos, Festival Tsonami, Manuel Prieto ou Yago Portela. Os roteiros abordarán a relación coa paisaxe sonora "facendo especial fincapé na ecoloxÃa urbana en relación ás aves, os insectos, os morcegos e o rÃo".
Ademais, desenvólvense propostas formativas como unha "residencia de creación aberta á participación de colaboradorxs para o desenvolvemento dun proxecto", ou sesións en formato obradoiro a cargo de Sonoscopia, Paula Pin, Mateo Mena ou Dub Mono Hifi. Dentro das actividades desta semana, o 15 de xullo Cris Lores presentará no Parque de Vistalegre a performane Umbráfono, na que se transforman en impulsos sonoros as luces que se proxectan sobre unha membrana.