Ugia Pedreira e Marina Oural exploran o universo poético da casa rural en Unha faba unha vida

O audiovisual estreouse na xornada Ecofeminismos do Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fotograma de Unha faba unha vida

Fotograma de Unha faba unha vida

"Despatriarcalizar o ecoloxismo e ecoloxizar o feminismo". Ese é o obxectivo da xornada "Ecofeminismos", celebrada hoxe no Consello da Cultura Galega e na que un grupo de expertas reflexionou sobre as proximidades éticas de dúas das principais loitas sociais de finais do século XX e principios do XXI: o ecoloxismo e o feminismo. "As loitas feministas e ecoloxistas, antes paralelas, son agora interdependentes: os seus avances e retrocesos inflúen mutuamente. Ambos concordan en que todas as formas de opresión se conectan co inimigo común: o capitalismo patriarcal", sinalan no programa do evento. Como colofón estreouse a peza audiovisual "Unha faba unha vida", que parte do espectáculo do mesmo nome de Ugía Pedreira e Marina Oural, na que se explora o territorio da casa aldeá na súa dimensión poética e musical. O vídeo foi realizado para a xornada e producido por Mialma Produciois.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ugia Pedreira, Espectáculo, Medios de comunicación