A Deputación da Coruña deu a coñecer este 14 de xuño o fallo dos XII Premios Rosalía de Castro de Lingua, cos que recoñece a persoas e colectivos que traballan na promoción do galego. O debuxante Xaquín Marín foi escolleito como gañador na categoría de persoas polo seu "compromiso continuado no tempo. Polo alcance social do seu traballo. Por facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación onde a presenza do galego era residual". O fallo destaca o traballo "pola defensa da lingua implícita e explicitamente nos seus cadros e pola atemporalidade da súa obra que segue viva e actual".
Canda a el, a Agrupación Astronómica Ío foi escolleita como entidade que destaca na promoción do noso idioma "por impulsar a lingua galega nun ámbito tan especializado como a astronomía e sen bagaxe no noso idioma que ademais conseguen trasladar dun xeito accesible e atractivo para o público xeral". Entre o seu labor, o fallo salienta a "énfase na creación lexical que demanda especialidade para a normalización do galego nese ámbito e a elaboración de recursos e materiais didácticos para a divulgación da astronomía con grande rigor", e lembra que a asociación impulsou e asesorou a Real Academia Galega no nomeamento das 88 constelacións en galego e promoveu a campaña social para que a Unión Astronómica Internacional asignase o nome de Rosalía de Castro a unha estrela.
Finalmente, na categoría de proxecto de dinamización lingüística orientado á poboación de menor idade e que atenda espazos emerxentes recoñeceuse a iniciativa Twitter en galego, promovida por Carlos García Vieito. Do proxecto destácase o esforzo no "proceso de tradución para configurar esta plataforma social na nosa lingua e fornece un referente nas redes sociais, para o público xeral e para a mocidade en particular, facendo que cada día máis chíos sexan en galego". O xurado valora tamén a creación de "terminoloxía que permite colocar a lingua galega na nova realidade dixital". Cada un dos premios conta dunha dotación de 2.100 euros en metálico.
O xurado, que tomou as decisións por unanimidade, estivo composto pola técnica de normalización lingüística do concello da Coruña, Julia Rigueiro, o profesor da Universidade da Coruña, Carlos Caetano Viscaíno e, en representación dos proxectos gañadores da edición anterior, Ana Belén Costoya de Nós TV e Inmaculada Seage polo Club de Debate, coa deputada de Normalización Lingüística, María Muíño, como presidenta e a técnica da Deputación, Dores Sánchez Alegre como secretaria.