O premio de poesía Victoria Taibo retorna con máis dotación

A XIII edición do certame terá un premio de 4.000 euros

Logo dunha pausa en 2020, o Premio de poesía Victoriano Taibo retorna ano panorama literario galego. O Instituto de Estudos Miñoranos abriu este doce de maio a convocatoria da décima terceira edición do certame, que está aberta ata o vindeiro 31 de xullo para traballos de entre 300 versos e 250 páxinas. O galardón incrementa nesta nova xeira a súa dotación, que pasa de 3.000 a 4.000 euros, e o traballo gañador será publicado pola Editorial Galaxia na colección Dombate. A persoa gañadora do certame, que tamén recibirá unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo, deberá impartir un obradoiro de poesía de 18 horas no Val Miñor no primeiro trimestre de 2022.