Un repaso histórico pola percepción que a sociedade tivo da vulva, o clÃtoris e a menstruación ao longo da historia. Esta é a base de A froita do coñecemento, banda deseñada de grande éxito internacional que realizou a autora sueca Liv Strömquist e que chega agora ao galego da man da editora Catro Ventos. O volume desenvolve, con moito humor e retranca, un ensaio debuxado no que expón ademais "os mecanismos de estimagtización, politización e patoxilización dos xenitais das mulleres, e o efecto devastador que isto tivo na súa sexualidade".
Cun total de 144 páxinas en branco e negro, A froita do coñecemento trata temas como "o sistema sexual binario, as intervencións cirúrxicas en bebés intersexo, o clÃtoris e os orgasmos vaxinal e clitorÃdeo" asà como un capÃtulo especÃfico dedicado á menstruación e á construción do noxo. A obra, publicada orixinalmente en 2014 viu edicións desde o seu lanzamento en holandés, dinamarqués, finlandés, alemán, inglés, ruso, español, italiano, búlgaro, esloveno ou ucraniano.