O segundo Día do Libro a celebrar en pandemia trae algunha coincidencia e moitas diferenzas co do pasado ano, a máis relevante é a capacidade das bibliotecas públicas de volver ofrecer servizos presenciais, aínda que con limitacións de participantes, co cal o programa de accións para a súa celebración resulta máis variado este ano, ademáis de outras iniciativas por parte de diversas institucións.
En Pontevedra, a Biblioteca Pública Antonio Odriozola. pon en marcha este venres 23 de abril, un obradoiro para booktubers, dirixido a mozos a partir de 14 anos e tamén adultos, que aprenderán a crear contidos sobre literatura que despois se poidan subir á canle de vídeos Youtube coa intención de promover a lectura. Esta semana tamén se inaugurou o centro de interese 'Libros sobre libros' nas instalacións da biblioteca situada na rúa Alfonso XIII. Trátase dunha mostra bibliográfica de volumes de ficción que reivindican a lectura e as publicacións. Poderase visitar ata o 30 de abril no segundo piso.
O Concello de Ponte Caldelas conmemorará esta xornada coa iniciativa Libros voadores. A Sala de Exposición da Casa da Cultura acollerá todos os títulos descatalogados da Biblioteca Municipal ou que foron doados por particulares e que xa non teñen cabida nos andéis e estarán a disposición da veciñanza durante toda unha semana, cada persoa poderá levarse gratuitamente dous exemplares dos expostos.
A Deputación da Coruña, a través das Áreas de Normalización Lingüística e Cultura, botará a andar esta fin de semana a segunda edición da campaña #Librosparasermoslibres, que se desenvolverá a través das redes sociais, aproveitará para reivindicar a figura de Xela Arias, autora homenaxeada este 17 de maio, pero fará especial fincapé no fomento da lectura e da importancia que ten á hora de formar ás novas xeracións e na transmisión lingüística. A campaña recollerá en vídeo mensaxes de apoio de caras recoñecibles ao mundo do libro galego. As persoas internautas volverán ser protagonistas principais desta campaña. #Librosparasermoslibres convidará a enviar fotos ou microvídeos (cun máximo dun minuto). As persoas participantes recomendarán así un libro en lingua galega e etiquetaranos cos hastags #fiestrasabertas e #Librosparasermoslibres. Entre todas as persoas participantes sortearanse 21 'bonos-libros' de 100 euros que as persoas gañadoras poderán empregar en calquera libraría da provincia da Coruña. Cómpre salientar que, como medida simbólica de apoio a este sector, o importe total destes bonos increméntase un 40% con respecto á primeira edición.
O MARCO de Vigo celebra o Día do Libro cunha sesión especial de obradoiro para público infantil, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing en rede, en colaboración con outros museos e centros de arte e promovida dende o ARTIUM de Vitoria-Gasteiz, na que en cada edición participan numerosos museos e centros de arte, e que debido ás medidas preventivas, neste 2021 se conduce a través da rede. Mediante un vídeo conxunto en Vimeo, os centros participantes comparten de xeito virtual as súas publicacións, seleccionando libros que forman parte da súa colección, e uníndose nesta campaña de fomento da lectura e de difusión da cultura contemporánea.
A Biblioteca Pública Juan Compañel en Vigo, celebra o Día internacional do libro con diversas actividades que comezan este xoves ás 18,00h. cunha proposta de contos cantados para bebés de ata 3 de anos da man de Raquel Galavís. Pola súa banda, a rapazada de 4 anos en diante terá o día 24 unha sesión a cargo da escritora María Canosa. Tamén no marco desta celebración poderá visitarse ata finais de mes a mostra bibliográfica "As gañadoras do Premio Cervantes", que ofrece un percorrido pola obra de María Zambrano, Dulce María Loynaz, Ana María Matute, Elena Poniatowska e Ida Vitale.
O Museo de Pontevedra, da Deputación Provincial vai celebrar hoxe o Día do Libro cunha iniciativa que pretende premiar ás persoas visitantes: a institución distribuirá ao longo do día polas diferentes salas varias publicacións relacionadas co mundo da arte en xeral e das súas coleccións en particular que se poderán levar para a casa como agasallo. Só se permitirá levar un 'agasallo' por persoa, estando cada libro nunha bolsa- a carón da peza de arte coa que está relacionado. Por outra parte, outro dos servizos da Deputación, o de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación vén de habilitar co gallo do Día do Libro a través do portal web Atopo o acceso en liña á versión PDF dos 82 títulos publicados ata agora referentes ao patrimonio documental provincial.
Na Cidade da Cultura de Galicia esta celebración xa tivo o seu adianto o pasado día 18 coa representación de As enxeñosas do Fidalgo, unha narración musicada para cativada da primeira tradución completa ao galego do Quixote, realizada por un equipo de lingüistas dirixido por Valentín Arias, do que formaba parte a súa filla, Xela Arias, homenaxeada coas Letras Galegas 2021. A contadora Soledad Felloza e a Banda Municipal de Santiago de Compostela foron as encargadas de pórlle voz e música no Xardín do Teatro do Gaiás a extractos da novela máis universal de Cervantes.