A colección de pezas de gaita que a Deputación da Coruña mantiña dos case 30 anos nos que o Ballet Galego Rey de Viana dependeu do ente provincial (1961-1990), ven de ser cedida á Asociación Triskell de Arteixo. A colección inclúe pezas de importantes obradoiros coma os de Seivane, Antón Corral, Paulino Pérez, Xesús López Bao ou Basilio Carril e desde a Triskell teñen idea de que pasen a formar parte do futuro museo da gaita que esta asociación ten previsto promover. A tal fin asinouse un acordo entre o deputado de Cultura, Xurxo Couto, e o presidente da entidade de cultura tradicional, Roberto Mosquera, tamén asistiu o músico e director do grupo de gaitas de Triskell, Bieito Romero. Segundo a entidade, que agradeceu o traballo de Xurxo Couto, a colección "trátase dun lote de pezas de gaitas, algunhas curiosas e únicas que Triskell pretende recuperar para formar un pequeno museo dun enorme valor".
Os punteiros son as pezas máis numerosas da colección que a Deputación da Coruña cedeu á Asociación Triskell de Arteixo. Un total de quince compoñen o conxunto que inclúe tamén roncóns, buxas de punteiro, buxas de roncón ou copas de roncón e que proceden do fondo do extinto Ballet Rey de Viana. Por parte de Triskell xa anunciaron que serán remitidas directamente ao seu artesán LuÃs RodrÃguez para que realice unha primeira análise técnica para logo seren testados por músicos da agrupación de máximo nivel, con Bieito Romero na dirección e co obxectivo de realizar a súa restauración, de se dar o caso. "Para nós é unha grande alegrÃa que esta colección de pezas de altÃsima calidade, elaboradas por algúns dos principais obradoiros dedicados ao noso instrumento musical tradicional estean en mans dunha asociación como Triskell que está a contribuÃr a manter e dinamizar a nosa cultura tradicional", sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto.