No marco do decidido impulso á cultura en clave de visibilidade da muller da Deputación Provincial de Pontevedra veñen de presentarse dúas iniciativas. Por un lado a primeira convocatoria dos Premios Mulleres no Foco 2021, promovidos pola administración provincial en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), que poñen en valor o traballo das profesionais galegas no audiovisual. Polo outro, a Deputación pontevedresa afonda en sortear as barreiras invisibles ás que teñen que enfrontarse as mulleres que queren dedicarse á música, e a través da Plataforma "Descúbre-as" pon en marcha o programa de mentorÃa para o que serán seleccionadas oito mozas da provincia de entre 16 e 26 anos e con inquietudes musicais, para que vexa apoiada a súa carreira nese eido obtendo coñecementos da man de profesionais da industria e levando a cabo a gravación dunha canción e un vÃdeo-clip.
Os premios Mulleres no Foco, que abren desde hoxe o seu prazo de presentación de candidaturas, propoñen tres premios de 3.000 euros que recoñezan o papel da muller, que recompensen e visibilicen o meritorio labor das galardoadas no seu ámbito de traballo. Para iso, na denominación do premio recollerase o campo de especialización da premiada. Trátase dunha convocatoria aberta á recepción de candidaturas, nas que se distinguirán perfÃs con perspectiva de xénero, activistas polo recoñecemento da muller no sector e impulsoras do emprego feminino no audiovisual galego, obviamente alén da súa traxectoria persoal e do seu talento. Estes galardóns perseguen catro grandes obxectivos. O primeiro deles é recoñecer a traxectoria de todas as mulleres do audiovisual e "facer que cheguen ao conxunto da sociedade porque precisamos de referencias se queremos que máis nenas e mozas se dediquen ao audiovisual e rachar asà coas cifras que que temos hoxe en dÃa e que son absolutamente intolerables", declarou a presidenta da Deputación, Carmela Silva. Os premios buscan tamén visibilizar o traballo de todas esas mulleres que non aparecen nos medios de comunicación, para Silva "deberÃa haber unha discriminación positiva porque levamos moito tempo invisibilizadas e temos que ir camiñando cara a igualdade". Por último, con Mulleres no Foco a Deputación de Pontevedra e CIMA demandan todas as historias que quedan por contar. En palabras de Carmela Silva "as mulleres temos historias propias que contar e queremos poder contalas para construÃr unha sociedade con dúas miradas e que se fale de nós".
Talento musical
"Descúbre-as", pola súa banda, é o programa e plataforma da Deputación de Pontevedra que ten como obxectivo visibilizar a todas as mulleres da industria musical. Representantes, produtoras ou artistas son algunhas das profesionais que forman parte de deste proxecto musical, didáctico, social e de igualdade, pioneiro en todo o Estado. Con "Descúbre-as" o ente provincial incide na participación e promoción das mulleres na escena musical en colaboración con profesionais do sector, escolas e produtoras. As oito rapazas seleccionadas participarán nun proceso de mentorÃa titorizado por persoal especializado de "Descúbre-as" que terá unha duración aproximada de dous meses. O programa conta con bolsas, dun valor estimado de mil euros cada unha, coas que as mozas terán acceso a un itinerario individualizado no que se lles realizará un seguimento pormenorizado. Este percorrido culminará coa gravación dunha canción propia en estudio asà como coa gravación e realización dun vÃdeo-clip. As rapazas interesadas poden xa tramitar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Deputación.