O IVº festival de poesía Alguén Que Respira de Santiago dará comezo esta semana coincidindo co mesmo Día Internacional da Poesía, o 21 de marzo, coa lectura dun Manifesto da des-extinción por parte do escritor Manuel Rivas desde o balcón do Teatro Principal da capital galega. Nesta edición o festival celébrase en catro xornadas ao longo do ano, coincidindo con equinoccios e solsticios: 21 de marzo, equinoccio de primavera; 21 de xuño, solsticio de verán; 21 de setembro, equinoccio de outono; 21 de decembro, solsticio de inverno. O festival recóllese baixo o lema os 21 do 21 e nesta primeira xornada poética reúne varios poetas de arredor dos 21 anos de idade media, procedentes de diferentes puntos da península e das diferentes linguas de España. Iago González e Belén Senín representan á poética en galego.
A celebración do Día da Poesía por parte da Real Academia Galega lévase a cabo cunha homenaxe audiovisual a Xosé Luís Franco Grande (1936-2020). A institución á que pertenceu o escritor e lexicógrafo, finado o pasado 31 de marzo, difunde ao longo desta semana en academia.gal e nas redes sociais unha serie de vídeos nos que distintos membros da RAG recitan poemas da súa autoría e recordan a súa figura. A lembranza conta ademais coa participación das fillas do académico, Navia e Rosalía Franco Barreiro. Os primeiros vídeos, no que o presidente da RAG presenta a homenaxe e recita un poema de Xoguetes do tempo, a intervención das fillas de Franco Grande e outro no que o académico Ramón Lorenzo recita o poema "Proclama" de Xosé Luís Franco Grande xa están dispoñibles.
Doazón dun exemplar moi especial
Rosalía e Navia Franco quixeron ademais formalizar nas vésperas do cabodano de Xosé Luís Franco Grande a doazón á Real Academia Galega dun libro moi especial por dous motivos. As fillas do homenaxeado entregáronlle á institución un dos poucos exemplares da primeira edición facsimilar do Pergamiño Vindel (s. XIII), da que só se puxeron no seu momento á venda dez copias. O libriño que reproduce o manuscrito das sete cantigas de amigo de Martín Codax foi un agasallo de Xohana Torres ao seu amigo e compañeiro de xeración Franco Grande, con quen chegou a compartir un programa radiofónico semanal na emisora La Voz de Vigo.