AFundación abriu hoxe en Vigo a súa sede central pechada desde xaneiro para acoller a exposición A VIDA LENTA. Memoria e ritmos do rural galego. coa que presenta un percorrido audiovisual e sensorial pola diversidade dos territorios rurais de Galicia dende 1930 ata finais do século XX. A través duns fondos de diversa natureza documental e audiovisual a exposición dá pé a debater sobre o ritmo de vida e a relación co medio natural a través da vida agraria e as súas actividades cotiás.
Numerosos documentos gráficos e audiovisuais de coleccións privadas coma a do fotógrafo Carlos Varcálcel, de Jaume Lloveras e Juan Piñeiro Andión asà coma dos fondos de catálogo do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, xunta unha banda sonora orixinal e unha escolma poética compoñen o percorrido desta mostra que estará na sede de Afundación ata o 29 de maio. A mostra complétase cun programa de actividades en liña e convidadas e convidados de primeira liña na creación contemporánea, cun forte compromiso co rural. A produción desta exposición é de Arraianos Produccións, que xa conta con anteriores traballos sobre recuperación da memoria en Galicia.