Xa está dispoñible nas plataformas dixitais e á venda en formato fÃsico Frear o momento (Rocket Music), o novo traballo longo da banda de rock Ith. Gravado coma o anterior en Abrigueiro Estudios (Friol, Lugo), este é o terceiro disco de estudio dos de Xanceda (MesÃa) dous anos despois de O mÃnimo que o contén todo (2018) e ofrece oito temas novos, algúns con aires pop-rock pero en xeral de rock enérxico, con claras raÃces de heavy metal en forma de longos punteos que buscan os lÃmites, riffs ferroviarios e descargas de músculo cunha percusión poderosa e a presenza de voz ben asentada de LucÃa da Fonte, que tamén escribe os temas.
Frear o momento é un disco moi enfocado no balance vital, que conta historias baseadas nas vivencias persoais e nas perspectivas que se van adquirindo co percorrido dun grupo que xa ten máis de quince anos de actividade no rock en galego. Asà podemos ver temas con letras moi dedicadas ás decisións que se van tomando e ao paso do tempo coma o que dá tÃtulo do álbum, ou 'O destino' e 'Sen mirar atrás', ou coma 'Aloumiños que festexan', o tema que abre o disco inspirado no impacto da chegada de cativos á vida dos adultos. Tamén hai lugar nesas letras para a crÃtica con mensaxe social coma en '(Des)estimativa'. En xeral, coma eles mesmo din, son "oito historias que collen nun andel e que ben merecen ser contadas". Ith son, ademais de LucÃa da Fonte, Alberto Vilas (baterÃa, .Miguel Iglesias (guitarra), Toxo (guitarra) e Gonzalo Suárez (baixo).