O cineasta Oliver Laxe recibirá o Premio Especial Márgenes al Cine Independiente que se concede no marco de la décima edición del certame Márgenes de Madrid. Desde a organización do festival sinalan un paralelismo entre a carreira do director de O que arde e o propio festival. Mimosas, foi a película inaugural da sexta edición do certame. Con este galardón o festival que render "un merecido tributo a un cineasta imprescindible cuxa obra, repleta de beleza e intensidade, entronca coa de outros grandes heterodoxos e nos reconcilia, dalgún xeito, co cine entendido como un feito cultural e artístico afastado do mero entretemento", din. Nesta Xª edición do Festival Márgenes tamén estará presente o audiovisual galego a través das proxeccións da curtametraxe gañadora do premio mestre Mateo en 2017, Einstein-Rosen de Olga Osorio (2016) na sección Márgenes Lafamily e das máis recentes producións Ons de Alfonso Zarauza (2020) e Nación de Margarita Ledo (2020).
Estreas documentais
Cinco anos de traballo levoulle a Manuel Pedrosa a realización do documental Entre pastores e lobos que arestora e ata este xoves pode verse na páxina web e aplicación do Festival internacional de cine ambiental SUNCINE de Barcelona. A película fai un percorrido polos camiños e pistas das serras ourensáns de Manzaneda e Vilariño seguindo as poboacións de lobos nun entorno ao que acceden poucos seres humanos cos que estas comunidades animais interactúan. O filme de 63 minutos de duración estréase este días no festival catalán. E conta con guión de Manuel Pedrosa, Mariam Mariño e o biólogo Pedro Alonso.
Tamén ao xénero do documental pertence o audiovisual Eu máis, proxecto que Ángel Montero fixo como resultado da bolsa de creación convocada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Casa de Velázquez. Este traballo acaba de ser seleccionado en varios certames como o festival Zinebi de Bilbao, o festival L'Alternativa de Cataluña e o DocLisboa. O proxecto ten un marcado carácter poético que lle serve a Montero para explorar sobre a identidade a través do corpo e das sensacións. O primeiro deles é o festival Zinebi de Bilbao, que comeza o día 13 de novembro e o proxecto de Montero participa na sección oficial. Tres días máis tarde arrinca o festival L'Alternativa de Barcelona e o documental compite na Sección Oficial Nacional. Ademais, está seleccionado, no marco do programa De Onde Venho, Para Onde Vou do festival Doclisboa, que se celebrará na capital portuguesa nunha edición especial que se estenderá entre novembro de 2020 e marzo de 2021. Estes tres festivais realizaranse en versión presencial e en liña.