A Real Academia Galega celebra este sábado 7 de novembro a V Xornada de Onomástica Galega, que terá como eixe a cuestión dos nomes comerciais. O encontro, que se desenvolverá en formato videoconferencia, analizará o uso do galego neste ámbito, prestándolles atención a casos como os dos viños do Ribeiro, os nomes de empresas e os dominios na rede, os establecementos de Redondela ou, dende unha perspectiva histórica, os nomes de xornais. Antón Santamarina, Benigno Fernández Salgado, Sara MÃguez, VÃctor F. Freixanes e Raquel RodrÃguez Parada serán os responsables de tratar destas temáticas.
A zoqueira Elena Ferro, que designa os seus zocos con topónimos, as deseñadoras Irene GarcÃa e Raquel Boo e mais Xosé González MartÃnez, impulsor da campaña de etiquetado en galego "Con acento propio", achegarán a visión máis práctica sobre a cuestión de etiquetar e pór nomes en galego a produtos e iniciativas comerciais nos nosos dÃas. Finalmente, Celtia Rei abordará o valor pedagóxico da onomástica a explicar a experiencia desenvolvida no IES Alexandre Bóveda de Vigo sobre esta cuestión.
A vindeira semana, os dÃas dez e doce de novembro, celebraranse, tamén con emisión pola rede, as xornadas Malas Linguas. Este encontro que organiza a Deputación da Coruña é de balde pero precisa inscrición para participar. Co lema Activando falantes no S. XXI, a primeira xornada da iniciativa abordará Boas prácticas para as linguas minorizadas do Estado con Paula Kasares, Isaac Lourido e Xian Naia, mentres a segunda xornada, o xoves, dÃa 12, analizarase o tema Revitalización lingüÃstica en linguas ameazadas con Mónica Barrieras e Itziar Idiázabal.