
Nas contas económicas trimestrais de Galicia, que constataron unha caÃda trimestral no segundo trimestre do 14,5% do PIB, as actividades de información e comunicación, entre as que se atopan a edición, as actividades cinematográficas, de vÃdeo e de programas de televisión, experimentaron unha redución do 9,3% do seu Valor Engadido Bruto. Esta Conxuntura estatÃstica permite ver que as actividades artÃsticas e recreativas experimentan o segundo descenso máis importante (-30,5%), só por detrás do comercio, transporte e hostalarÃa. Con respecto do emprego nas empresas culturais, este informe sinala que despois dos grandes descensos dos meses de marzo e abril, nas empresas culturais iniciou unha recuperación. Malia isto, ese incremento foi lixeiramente menor no ámbito da cultura (+3,4%) que no conxunto do emprego (+3,6%), como destaca este documento. Se se compara cos grandes sectores produtivos, o sector cultural é o que sufriu máis perdas no número de afiliacións neste ano (-2,6%), por diante da industria ou do conxunto do sector servizos. A afiliación á Seguridade Social no noso paÃs en setembro de 2020 nas principais ramas culturais é de 15.384 persoas o que supón unha baixada en todas as ramas da cultura especialmente acusada nas actividades de creación, artÃsticas e espectáculos (-9,4%). Só aumentaron as actividades de publicidade e estudos de mercado (un 3,4%). O 38,6% das empresas da cultura solicitaron un ERTE, con maior frecuencia nas artes escénicas e no sector do libro e a prensa.
Futuros peches e despedimentos
Segundo constata este documento de traballo do Observatorio o 6,6% do total do persoal foi despedido ata o mes de xuño e prevese despedir a outro 9,4% antes de fin de ano. Por sectores, a previsión de realizar despedimentos é maior nas empresas das artes escénicas e nas máis grandes.
O 11,9% das empresas consideran a posibilidade de proceder ao peche, porcentaxe que se eleva ata o 27,5% no caso das empresas das artes escénicas, sinala esta Conxuntura. O 60,7% das empresas culturais de Galicia reduciu a facturación en máis do 50% e para o 37,6% esta redución foi superior ao 75%. Esa intensa caÃda nos ingresos é máis habitual e dentro do sector das artes escénicas e canto menor é a empresa. Nas súas previsións a maiorÃa das empresas da cultura prevén caÃdas de facturación para o que queda de 2020 de entre o 26% e o 50% (29,4%) ou de entre o 51% e o 75% (27,4%). Prevén maiores caÃdas tamén as empresas máis pequenas e as das artes escénicas. O informe inclúe tamén a previsión que o Foro Económico de Galicia fixo da evolución do sector cultural nos vindeiros meses asà coma os posibles escenarios de recuperación. A súa prospección prevé caÃdas no PIB galego de entre o 8,5% e o 18,9%, e estima que o conxunto do sistema produtivo da cultura sufrirá un impacto máis severo que o conxunto da economÃa.