
O outono continúa cargado de homenaxes arredor do DÃa das Letras dedicado a Ricardo Carballo Calero. Entre os máis próximos, Ferrol acolle este 14 de outubro a evento
Ferrol, 1916, un acto organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello que se desenvolverá no Teatro Jofre. O programa inclúe a presentación da edición facsimilar da obra teatral
A farsa das zocas e a estrea ao público da peza
Ferrol, 1916. Esta composición de Miguel Brotóns musica o poema homónimo do autor homenaxeado e contará con Alejo Amoedo ao piano e Patricia RodrÃguez Rico na voz. O evento incluirá tamén a proxección da vÃdeo montaxe teatral
Farsa das zocas.
Na Coruña, pola súa banda, a Asociación Veciñal Agra dedÃcalle ao autor un lugar destacado nos seus Ferrados de Letras. A presentación da BD
Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra, acompañada dun recital poético e da música de César Morán protagonizará este dÃa 16 o primeiro destes encontros. O dÃa 20 será a quenda de Aurora Marco, que presentará a súa obra sobre a mocidade do homenaxeado e mais o seu libro
Irmandiñas. Nesa ocasión o apartado musical estará a cargo de Barahúnda.