O Concello de Pontevedra fará unha reformulación estrutural en materia de polÃtica cultural, co obxectivo último de reactivar o sector cultural da cidade na “era Covid e na era pos-Covid”, segundo avanzou a concelleira de Cultura, Carme Fouces. Os principais piares nos que se sustentan estes cambios pasan por levar a cabo unha diagnose do sector, a elaboración dun plan estratéxico, a creación dun Consello Asesor, a reforma dos equipamentos culturais e a disolución do organismo autónomo do Pazo da Cultura a finais deste exercicio. O Concello leva traballando neste proceso de adaptación de fondo as circunstancias especiais desde o pasado mes de maio, data na que o alcalde e a concelleira se reuniran co sector cultural da cidade.
Diagnose e Consello Asesor
Carme Fouces situou no primeiro lugar desta planificación a elaboración dunha diagnose da cultura en Pontevedra. "Queremos saber como afectou a pandemia e como se están reinventando os proxectos" indicou, polo que tomando como base o informe que o Consello da Cultura Galega publicou en xuño "imos elaborar un informe propio adaptado a Pontevedra que nos dé o mapa cultural da cidade, coa vista posta na creación dun Puntazo Cultural que funcione como foro e que permita compartir sinerxias entre todos os actores culturais". Esta diagnose está enfocada a coñecer a saúde do sector e o impacto económico na cidade, para o que tamén se aproveitará o traballo realizado desde o Observatorio da Universidade de Vigo. Carme Fouces tamén anunciou a constitución dun Consello Asesor da Cultura "orientado a analizar esa diagnose do sector, analizar as potencialidades que ten a cidade, propor accións culturais enmarcadas nun plan estratéxico e deseñar unha convocatoria de axudas ao sector".
Unha das primeira tarefas deste Consello Asesor será a de colaborar no deseño dunhas xornadas, previstas para o primeiro trimestre de 2021, e que terán como eixo central a economÃa e a cultura. A idea é, en palabras de Carme Fouces "facer unhas xornadas que sexan referencia na materia, cunha publicación que recolla os relatorios, e que dea pé á elaboración dun libro branco ou dun decálogo para reenfocar, desde a Administración local, o ámbito cultural na era Covid e pos-Covid".
Reforma de recintos e disolución do organismo autónomo do Pazo
Os equipamentos culturais -Pazo da Cultura, Sala de Exposicións do Pazo, Recinto Feiral e Teatro Principal- serán obxecto das reformas de mellora incorporando os criterios sanitarios vixentes. A concelleira explicou que por tratarse de espazos moi usados, tanto desde a área de Cultura municipal como a través de cesións a outras entidades e colectivos, son espazos que precisan obras de mellora pero que agora a Covid19 acelerou estas reformas. O primeiro espazo no que se intervirá será o Teatro Principal, cuxo proxecto está xa practicamente ultimado, e acometeranse obras para mellorar a accesibilidade a todas as plantas do edificio e a eficiencia enerxética, traballos para mellorar a iluminación e algún reforzo estrutural.
Ademais da reforma arquitectónica, o Pazo da Cultura será obxecto dunha reforma organizativa administrativa que incluirá a disolución do organismo autónomo do Pazo a finais deste ano. En virtude desta disolución o Pazo da Cultura, o Recinto Feiral, a Sala de Exposicións do Pazo e o Teatro Principal pasarán a ser servizos propios do Concello.
Fouces explicou que "esta era unha decisión que fomos adiando pero que xa facÃa tempo que estaba enriba da mesa, e máis desde que se disolveu o IMD -Instituto Municipal de Deportes-". Lembrou que este tipo de estruturas "tiveron certo interese no seu tempo pero actualmente xa non son operativas e provocan unha duplicidade de servizos que consumen importantes recursos e aÃnda asà están mal atendidos porque é imposible ter todo o que precisan". Tras a disolución do organismo autónomo do Pazo, o Concello pasará a aprovisionar o Pazo, Teatro e Recinto Feiral das necesidades que teñan en arquitectura, enxeñerÃa, informática, ou saúde laboral. En todo caso, Fouces asegurou que "o público non notará ningunha diferenza porque se trata só dunha cuestión interna administrativa".