A confirmar o adiantado cando se abriu o proceso de contratación para os elencos, o Centro Dramático Galego presentaba este 22 de setembro as tres coproducións que conforman a súa grande aposta para esta temporada. O charco de Ulises, unha recreación da Odisea de Homero dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, será a primeira das montaxes da compañía pública e ten previsto chegar ás táboas o vindeiro 14 de xaneiro con interpretacións de Fran Paredes, Óscar Allo, Paulo Serantes, Manuel Millán, Santi Prego, Inés Salvado, Mónica Caamaño, Rosalía Castro, Chusa Pérez e Raquel Espada. Terceiro acto, que se presenta como "unha homenaxe aos nosos veteranos da escena", a cargo de Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez estrearase o 15 de abril con Belén Constenla, Eduardo R. Cunha Tatán, Mabel Rivera, Fernando Morán e Roberto Leal. finalmente Serva me, servabo te, unha proposta contemporánea a cargo de Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta chegará no segundo semestre de 2021.
En paralelo a estas propostas, o CDG anunciou o desenvolvemento doutras tres coproducións con salas escénicas de Vigo. Clásicas desfeitas, con Nononon.lab, Outras miradas con Ensalle e Cambio de foco, na Sala Ártika inician unha liña de apoio na que se abordan proxectos "que pasan pola creación colectiva, a investigación escénica e a experimentación". Ademais, adiántase un "incremento de sinerxías conxuntas coa ESAD, a través do deseño duns encontros que sirvan de ponte ao alumnado cara á súa integración profesional" e a recuperación do Proxecto Nós, de intercambio e circulación internacional de estudantes en materias escénicas.