Lara Dopazo gaña o premio Illa Nova de Narrativa 2020

Está destinado a autores de menos de 35 anos

A xornalista Lara Dopazo fíxose este venres pasado co galardón Illa Nova de Narrativa 2020 que convoca a Editorial Galaxia coa obra: “O axolote e outros contos de bestas e auga”. Segundo a editorial, trátase dunha "serie de contos que teñen como elemento común o sobrenatural; unha ducia de historias nas que os animais –e outro tipo de bestas– e a auga cobran protagonismo". É a cuarta edición deste premio que homenaxea unha das coleccións históricas da editorial, dedicada aos valores novos.