Atrasado por mor da pandemia, cun programa paralelo reducido e con estritas medidas de seguridade sanitaria, o Festival Primavera do Cine de Vigo abre as súas portas este 15 de setembro. O Auditorio Municipal olÃvico e mais o MARCO acollerán as proxeccións das 23 curtametraxes e 11 longas que fan parte do programa. Na sección de longametraxes galegas o programa achega filmes que están a obter importantes recoñecementos como As mortes, de Cristóbal Arteaga; De barrio, de Xurxo Chirro; Estado de malestar, de MarÃa Ruido; Eroski ParaÃso, de Jorge Coira e Xesús Ron, e Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld. En canto a longas portuguesas, entran a competición A febre, de Maya Da-Rin; Bostofrio, de Paulo Carneiro; Pacificado, de Paxton Winters, e Fakir, de Helena Ignez, conforman a Sección Oficial de Longas Lusófonas.
Ademais dez curtas da LusofonÃa e 14 de autorÃa galega comporán as súas respectivas seccións oficiais. Como novidade, o festival achega unha nova sección, Exhibicións especiais: Cinema e compromiso no marco da que se proxectarán os filmes Reboiras: acción e corazón, de Alberte Mera, e Noite irisada, de Beatriz Vázquez Campaña. Os pases deste espazo estarán acompañados de cadanseu coloquio posterior. Nas actividades paralelas desenvolverase unha nova edición do obradoiro de cinema Proxecto Remolque e mais un encontro público de membros da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia "sobre a creación colectiva e a reconstrución do tecido audiovisual a través do medio dixital".