O Festival de Cans entregou na súa gala final os galardóns correspondentes á súa 17ª edición. Coa entrega dos premios remataba a edición do certame na que máis películas se estrearon: un total de 15. Competían 25 longametraxes e 15 videoclips. A situación sanitaria fixo que esta fose a edición máis singular do Festival, nela ademais se fixeron cumpridas homenaxes ao desaparecido realizador Chano Piñeiro e ao director Oliver Laxe, descubirndo unha estrela co seu nome no Torreiro. No relativo ao palmarés que deixa este ano o festival, a curtametraxe Xoves de comadres, da realizadora viguesa Noemí Chantada, foi a triunfadora desta XVIIª edición ao facerse con catro dos principais premios. O xurado outorgoulle oa galardóns á Mellor Curtametraxe e Mellor Guión. Ademais, obtivo as distincións que outorgan o Público e o Xurado dos Veciños e Veciñas. O xurado destacou de Xoves de Comadres "a visión naturalista" e a sensibilidade amosada "á hora de crear un espazo de intimidade e verdade sobre a soidade e abandono da terceira idade cunha mirada crítica e profundamente humana". Salientou, ademais, "o delicado traballo conseguido entre a directora e as súas actrices de lograda emoción". Por este mesmo traballo Noemí Chantada ven de obter no Festival de Málaga a Mención especial do Xurado, a Biznaga de Prata e o Premio do Público. A realizadora traballa dende hai quince anos coma directora de fotografía e cámara. En 2016 fundou a produtora Islandia Producciones. Na décimo quinta edición do Festival de Cans, a de 2018, Noemí Chantada xa obtivera unha mención especial do xurado pola cinta A Muller Invisible.
O filme 16 de decembro, de Álvaro Gago, acadou os recoñecementos á Mellor Dirección e á Mellor Fotografía, de Lucía C. Pan. Os membros do xurado destacaron desta cinta o "rigoroso" da súa realización e o "bo pulso e mesurada emoción" coa que a trata unha realidade tan grave coma é a das agresións sexuais e a indiferenza que a miúdo a rodea. A intérprete Bruna Cusí fíxose co galardón á Mellor Actriz pola súa actuación en Todo el mundo se parece de lejos. Pola súa banda, Denís Gómez obtivo a distinción ao Mellor Actor polo seu traballo en Mentres iso pasa, dirixida por Nacho Ozores. A relación de galardóns do xurado das sección de Ficción e Animación complétana os recoñecementos a Mario G. Cortizo pola Banda Sonora da curtametraxe Conte Trencat de Miguel Gago; e o premio á Mellor Curta de Animación, que foi para El Gran Corelli, de Abel Carvajal. O xurado destacou desta película que "dota de vida a un pequeno gran personaxe e que cunha técnica impecable e unha aparencia inofensiva e poética móstranos unha historia crúa e desgarradora". Carvajal é un animador da Estrada de tan só 24 anos que traballa actualmente na produtora Laika Animación. O premio ao Mellor Videoclip foi para As crónicas, de Os amigos dos músicos, realizado por Rubén Domínguez. Tamén recibiu unha mención especial o videoclip de Fisterra, de Baiuca, realizado por Adrián Canoura.
FuraCáns e Novas Camadas
A sección Novas Camadas incorporouse esta ano por vez primeira ao Festival para
recibir traballos de creadores e creadoras noveis. E a curtametraxe gañadora desta súa primeira edición foi Onde durmen as gaivotas, do vigués Dani Cornes, gravada nas Illas Cíes. Toda Aspereza, de Pablo Aguilar, obtivo unha mención de honra.
Entre as cintas competidoras na sección FuraCáns, gañou a curtametraxe Notas sobre a habitabilidade en A Barca, do Colectivo Semente, formado por Paloma Hernández, Pablo Paloma e Andrés Fernández-Albalat. Para o xurado, esta película é unha aposta por un cinema pensado "como lugar de encontro entre a experimentación formal e o achegamento antropolóxico, dende un concepto de colectividade". Este filme tivo a súa estrea absoluta no Festival de Cans e saíu dun traballo dos seus directores na Elías Querejeta Zinema Eskola. Tamén na sección FuraCáns, a cinta Usos e Costumes, de Iria Silvosa, obtivo unha Mención de Honra "por convidar ao espectador a observar os xestos da vida cotiá dende a confianza na imaxe".
Xoves de Comadres by Noemi Chantada Trailer from BANATU FILMAK on Vimeo.