O plan de Re-Activación cultural da Deputación pontevedresa inclúe para estes vindeiros meses de setembro e outubro dous programas que sacan a cultura ás rúas para coñecela camiñando. Os Roteiros Literarios organizados pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) comezan este vindeiro domingo a súa programación para setebro e outubro. Seis citas por enclaves da provincia na que grupos de ata 25 persoas coñecerán cidades e vilas da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guÃas tomando como base obras literarias propias ou alleas ambientadas nos respectivos espazos. Deste xeito, o público goza dunha experiencia cultural en espazos fÃsicos descubrindo unha nova visión e viaxando pola memoria literaria do territorio que habita. Iria Misa será a primeira guiá literaria que este domingo comezará en Baiona a ruta Segredos no solpor, baseada na súa obra do mesmo tÃtulo. Entre este mes e outubro outros lugares da provincia poderán descubrirse da man de Marcos C. Calveiro (VilagarcÃa), Calros Solla (Cerdedo), Manrique Fernández (Ponteareas), Xosñe Monteagudo (Pontevedra) e Anselmo López Carrera (Vigo).
En canto ás Rutas de Arquitectura, este ano terán como eixe central o Barroco, coa colaboración da Academia Galega de Belas Artes, despois da conmemoración do DÃa das Artes Galegas deste ano, dedicado á figura do arquitecto Domingo de Andrade. Serán visitas sobre época, ética e estética a diversos espazos barrocos da provincia e guiadas por tres destacadas mulleres expertas en arquitectura e historia, EstefanÃa López, Paula Pita e Luz Paz. Neste caso os paseos chegarán a todas as comarcas da provincia e serán os sábados en horario de mañá. Comezarán o 12 de setembro en escenarios barrocos de Pontevedra e Poio, para continuar o 19 de setembro por espazos representativos deste estilo arquitectónico en VilagarcÃa de Arousa e Cambados e o dÃa 26 por Tui, onde se visitará a catedral, precisamente unha das obras de Domingo de Andrade, e outros lugares en Salvaterra de Miño. Xa en outubro, o dÃa 3 as rutas chegarán a diversos lugares dos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona; o 10 de outubro a espazos barrocos de Bueu e Cangas; e o dÃa 17 finalizarán cunha ruta por pazos en LalÃn e na Estrada.