O (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico reforzará nesta vindeira edición o seu forte compormiso coa creación audiovisual galega como un dos piares fundamentais da súa programación. Alén das habituais seccións Sinais e Sinais en Curto, a Mostra recupera nesta edición Xerme, un espazo co que o festival busca poñer a mirada sobre os artistas seminais do cinema experimental galego nun labor de recuperación e, se se quere, de xustiza á hora de recoñecer as raÃces creativas das novas xeracións. A sección Xerme revive neste (S8) edición dual con Antonio Segade e Antón Reixa como protagonistas, da man dunha selección comisariada polo crÃtico, escritor e o responsable de exposicións do CCCB - Centre de Cultura Contemporà nia de Barcelona Jordi Costa e creada en exclusiva para o festival. Durante 36 anos ambos creadores traballaron na videocreación máis ortodoxa e exploraron tamén os máis variados formatos: videoinstalación, disco/DVD, libros/DVD, televisión comercial, cinema ou publicidade. "Falar por non calar", como se chamará a sesión, será á súa vez un programa en liña que repasará a súa traxectoria e tamén unha sesión presencial que terá lugar o 27 de setembro na Domus da Coruña. Nela recolleranse unha serie de obras en proxección monocanal envoltas entre as parénteses de dúas videoperformances dos artistas en directo nun intento de recuperar o espÃrito que xa mostrara Antón Reixa no grupo de comunicación poética Rompente.
Asemade diso, nesta edición dual que se celebrará entre os próximos 27 de setembro e 3 de outubro, favorecerase a internacionalización da creación galega noutras seciións da mostra. Asi sucederá con Sinais, espazo que nesta edición terá como protagonista ao burelao Adrián Canoura. Nunha sesión en sala proxectarase un conxunto de pezas que pon de manifesto a exploración plástica de Canoura a través da textura do vÃdeo, con traballos como Nistra Batuko Exploration (2015), Salitre nas Veas (2017), ou a recente Baiuca - Adélia (ft. Haēma), entre outras. Ademais, esta sesión presencial incluirá un liquid live show a base de tinguiduras e diapositivas que o creador levará a cabo xunto a Alejandro Canoura, membro da banda Guerrera, tal e como xa fixeran con anterioridade nalgúns espectáculos en directo do grupo. Paralelamente, no programa en liña ofrecerase unha entrevista en profundidade con el para coñecer os seus referentes e procesos de traballo, asà como para revisar algunhas das súas pezas, como Da morte nace a vida, Rexistros (xeografÃa de San Sadurniño) e varios dos seus videoclips.
Sinais en Curto
A sección Sinais en Curto convida unha vez máis a descubrir ou a facer repaso dalgunhas das pezas máis suxestivas feitas por cineastas de Galicia no último ano. Nesta edición presentaranse pelÃculas asinadas por Alberte Pagán, Area Erina, Tono Mejuto, Lara e Noa Castro e Aldara Pagán. Ademais da proxección en sala das súas últimas obras, cada un deles participará nun programa online a través do que se repasará a súa traxectoria e no que o público terá ocasión de descubrir e ver a fondo o traballo e as inquietudes dos realizadores e realizadoras.