
O festival abrirase ademais coa arpista Alba Barreiro que presenta en formato trÃo o primeiro traballo discográfico, dedicado á música galega transcrita para arpa pola propia intérprete. En Eixos Cromáticos Alba expón unha proposta novidosa baseada na música de dous grandes da música culta galega de principios do século XX: Andrés Gaos e Xesús Bal e Gay. O Teatro Coliseo Noela acollerá este concerto. A obra está dedicada á transcrición para trÃo de arpa, frauta e viola de obras pertencentes a estes ilustres compositores galegos. Ata o de agora ninguén adaptara este tipo de repertorio para este instrumento. Hai dous anos empezou a transcrición musical de obras de piano e de orquestra de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay. Foi un minucioso traballo de adaptación de densas partituras orquestrais a un reducido grupo de cámara de tres instrumentos asàcomo obras para arpa soa a partir de pezas para piano. Tras varios meses elaborando as partituras arranxadas, comezou a gravar este primeiro traballo discográfico: Eixos Cromáticos con Xulio Abal aos mandos da gravación e acompañada nas pezas de trÃo por Margarida Mariño no cello e Julia Estévez na frauta. O tÃtulo do disco móvese arredor do concepto de cromatismo, moi presente na obra de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay mais en dúas liñas moi diferentes: mentres que Gaos utiliza unha harmonÃa moi cromática e con continuas modulacións, Bal y Gay basea o seu estilo en continuos contrastes tÃmbricos utilizando a instrumentación e xogos tonais.
O remate da edición deste ano do Noia Harp Fest inclúe outra visión do instrumento máis alá da perspectiva clásica europea, grazas aos sons africanos dun músico orixinario de Gambia, Mbye Ebrima, intérprete de kora, compositor e cantante. Este será o seu primeiro concerto en Galicia, no que estará acompañado pola súa banda e celebrarase na Praza do Tapal de Noia ás 22 horas. Para todos os eventos do festival é precisa a reserva previa.