A 36ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ven de rematar e faino coma sempre dando a coñecer o seu palmarés de premios. Tras dez dÃas con máis de vinte representacións diferentes as votacións levadas a cabo polo público asistente acabou cun empate entre dúas compañÃas. Teatro en Vilo, con Hoy puede ser mi gran noche e Leira, de Nova Galega de Danza levan asà ex-aequo o premio do Público desta edición. Nas puntuacións estes espectáculos van seguidos de Rebota rebota y en tu cara explota e Doña Rosita anotada. Ademais deste premios ás representacións a MIT 2020 remata coa comunicación da resolución do 15º Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado pola MIT para a posta en valor da dramaturxia galega actual e que recae en O tsunami, de Marcos Abalde Covelo por unanimidade do xurado. Nunha rolda de prensa celebrada na Alameda de Ribadavia déronse a coñecer estees galardóns e recoñeceuse a resposta entusiasta do público, a consolidación do festival como un alento de calidade e referencia indiscutible para a sociedade e a economÃa e a excelente coordinación do equipo do festival.
Para a o xurado do Premio Abrente a lectura do texto gañador supuxo "a descuberta dunha voz propia que rescata da memoria un acontecemento real (a construción dun lago artificial na explotación mineira das Pontes para rexenerar unha antiga explotación de lignito) co que o autor é quen de construÃr unha reflexión tamén sobre a actualidade, descarnada, crúa, grotesca, sucia e decadente". Segundo a acta do xurado O tsunami fai que a persoa lectora galega "se sinta recoñecida e parte dese universo que presenta o espello desta peza, un espello que devolve unha imaxe deformada e que esperta unha perversa e nada compracente comicidade, sen perder por iso a forza do carácter poético, metafórico e simbólico". Para o xurado a referencia local á que alude a obra gañadora non é obstáculo para que teña o poder de reflexionar sobre asuntos universais coma o caciquismo, as relacións materno filiais, as relacións laborais e sociais, "camiñando dende o ámbito cotián das persoas ao colectivo de cuestións medioambientais e o fatalismo das consecuencias do capitalismo descarnado", conclúen.